Burela, 11 de marzo de 2013. O Concello está practicamente ao día no pago a provedores de todas as facturas presentadas ata o 31 de decembro de 2012, segundo vén de anunciar o concelleiro de Economía, José Casas. O edil popular tamén subliña que se segue a traballar na reducción e no control do gasto. Así en telefonía móbil e fixa o Concello aforrou no 2012 preto de 9.000 euros.
Casas indicou que “o Concello de Burela está practicamente ao día no pago a provedores de todas as facturas presentadas ata o 31 de decembro de 2012. Deste xeito quedan por pagar uns 45.000 euros das presentadas ata esa data. O Concello está a cumprir coas directrices da lei de morosidade, xa que no cuarto trimestre do pasado ano a demora no abono desas facturas estivo en 34 días desde que foron contabilizadas e rexistradas oportunamente na contabilidade do Concello”.
O concelleiro de Economía sinalou que “desde o equipo de goberno se segue a traballar na redución e no control do gasto. Sirvan como exemplo os datos relativos ao consumo telefónico do 2012 comparado co ano anterior, o 2011. O Concello de Burela abonou no 2011 un total de 53.743,71 euros a Telefónica e no 2012 o total abonado, incluídas telefonía fixa e móbil, foi de 44.773,24 euros. Entón o Concello aforrou durante o pasado ano 8.970,47euros por este concepto”.
José Casas confía en que “o aforro en gasto telefónico continúe neste 2013 xa que se están levando adiante distintas actuacións tendentes á rebaixa da devandita factura”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



