Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos informar ós veciños e veciñas de Burela que para esta Comisión Executiva un alcalde serio e responsable é aquel que defende os intereses dos seus veciños por encima de quen sexa sen importarlle as cores políticas e sen ter que renderlle pleitisía e obediencia a ninguén que non sexan os seus veciños e veciñas.
Despois das actuacións do que di ser o alcalde de Burela, Sr Barcia, e o que tamén di ser o seu equipo de goberno no Concello de Burela no asunto referido á defensa do noso Hospital. Queremos informar a todos os veciños e veciñas do noso pobo que dende o día de hoxe esta Comisión Executiva non vai a recoñecer ó Sr Barcia como alcalde deste pobo e imos a referirnos a el sempre como o representante do Partido Popular no Concello de Burela ó igual que faremos cós concelleiros do Partido Popular, ós que igualmente que ó Sr. Barcia imos a recoñecer nin máis nin menos que como representantes do Partido Popular no Concello de Burela pero en ningún caso como representantes dos veciños e veciñas xa que veñen demostrando que son uns simples mandados do Sr Feijóo e da cúpula do Partido Popular galego e en ningún caso lles importan o máis mínimo os intereses da xente á que deberían de representar, que son os veciños e veciñas de Burela.
Dende esta Comisión Executiva reiteramos o noso apoio para que a Mariña e o seu Hospital sexan recoñecidas como área de xestión única sen ningún tipo de dependencia de Lugo tal e como o Partido Popular quere facer, e reafirmar o noso compromiso de que estaremos apoiando sempre a todos aqueles colectivos que teñan estas mesmas pretensións con independencia de ideoloxías. Botamos de menos a asociacións que sempre se caracterizaron na loita polos servizos do pobo, como cando se loitou tanto para que se fixeran as autopsias no noso Hospital, loita que se abandonou pouco despois.
Para rematar o Sr Barcia quedou nestes días totalmente desprestixiado tanto como político como persoa e non podemos entender como pode darlles “plantón” ós facultativos do propio Hospital de Burela para poder escoitalos e contrastar opinións para un asunto no que está claro que o diálogo é fundamental xa que nos estamos a xogar o futuro da Sanidade Pública na Mariña e en Burela. Que non lle caiba dúbida ó Sr Barcia de que os veciños e veciñas de Burela non esquecerán a traizón que, o que debía de ser o máximo defensor do Hospital lles está a facer.

















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



