Este sábado o programa do I Festival de Curtas de Alfoz, que ten lugar a partires das 20.00 horas na Casa da Cultura, estará adicado a directores e produtores de Burela e Cervo. Antes das proxeccións, realizarase un pequeno coloquio-presentación duns 30 minutos, contando coa presenza de directores ou actores con experiencia en curtametraxes e interpretación. Xunto a Matías Nicieza e Francisco Piñeiro, particitarán como convidados Xaquín Domínguez, quen interpreta ó padre Rodrigo na serie da TVG “Padre Casares”, e Ramón Casas, director teatral, xunto con Comba Campoy, na compañía de teatro Ollomao. Neste coloquio, conducido por Pepe Peinó e Xabier Pardiñas, falarase das experiencias e opinións respecto á interpretación e a este tipo de festivais. No remate do acto farase entrega dun obsequio conmemorativo do acto ós directores Matías Nicieza da curta “33” e Francisco Piñeiro con “Focegos por amor”.
Curtas e coloquio en Alfoz
Curtas e coloquio en Alfoz
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba