EQUIPOS DE PAÍS VASCO, LA RIOJA, COMUNIDAD VALENCIANA E GALICIA PARTICIPARÁN NO DÉCIMO TORNEO DE BALONCESTO FEMININO ORGANIZADO POLO CONCELLO, QUE SE CELEBRARÁ DO 28 AO 30 DESTE MES NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL.
Lourenzá, 19 de marzo de 2013. O polideportivo municipal de Lourenzá acollerá do 28 ao 30 deste mes de marzo a décima edición do torneo de baloncesto feminino que organiza o Concello e no que participarán equipos de catro comunidades autónomas. Na programación deste evento deportivo inclúense varias actividades paralelas.
O torneo foi presentado esta mañá pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes, Pablo Maseda; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; o técnico de Deportes do Concello de Lourenzá, Rubén García; o adestrador do equipo sénior do Lourenzá-Ensino, Juan Nécega; e o director do Ceip Juan Rey, Eduardo Iglesias, “que nos cede as instalacións do colexio”, explicou o concelleiro de Deportes. Tamén citou aos patrocinadores oficiais do torneo, que son Construcciones Augacons, Panadería Neli e Construcciones Emérito Cabaleiro, e aos colaboradores que son a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo, a Fundación Deporte Galego, a Federación Galega de Baloncesto, Caixa Rural Galega e Coca Cola.
Pablo Maseda comentou que o torneo “contará con tres categorías, que serán junior, senior e cadete, e celebrarase no pavillón de Lourenzá. O mércores 27 chegarán os equipos e despois os días de competición serán o 28 e 29, xoves e venres, e o sábado 30 terán lugar as semifinais e as finais e clausurarase ás oito da tarde”. Ademais destacou que participan equipos de catro comunidades autonómicas, pois “aparte da galega van vir de País Vasco, La Rioja e Comunidade Valenciana”.
O concelleiro de Deportes tamén anunciou que “de forma paralela ao torneo celebraranse varias actividades, como un concurso de triplas; teremos unha sala de ocio para as participantes no torneo, que contarán con televisión, internet, futbolín, xogos de mesa, etcétera. Haberá tamén partido de monitores, como é tradicional todos os anos, e a noite celta co grupo de gaitas Ao son do Masma o xoves. A noite do venres poderán desfrutar do primeiro festival da xuventude, que se celebra en Santo Tomé organizado pola asociación de festas desa parroquia e contará con catro orquestras para pasar un bo rato. E despois o sábado para os equipos que se queden a durmir teremos en Lourenzá a Festa da Pascua, que está organizada pola asociación Conde Santo”.
Pablo Maseda rematou dando as grazas “a toda a directiva das escolas deportivas e aos traballadores do Concello, que van colaborar con nosoutros de xeito altruísta estes días para que todo sexa un éxito”.





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
