O colectivo cultural Os Aventados, impulsa o seu programa de actividades con motivo da primavera 2013, como ven sendo habitual dende 1997 e coa colaboración dos voluntarios da Fundación Alcoa. A entrega de premios Árdelle o eixo, Árdelle o carro, ente outros realizarase o sábado 30 de marzo durante a asemblea de socios no porto de San Cibrao. O profesor de música laurentino, Lino Rico, e o focego Paco Rivas ofrecerán na Casa da Cultura un concerto e recital poético a partir das oito. E, finalmente, a exposición de litografías “Memoria Histórica” (colección de debuxos minimalistas de gran valor histórico por representar unha campaña en favor da Federación Anarquista Ibérica) poderase ver ata o 30 de abril nos locais socios: Pub Brunos e Cafetería Buenavista.
Actividades de primavera de Os Aventados