Só na Mariña lucense calculan que existen varios miles de vivendas de urbanizacións aínda en construción.
Santiago, 01 de abril de 2013.- O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, deu conta hoxe da presentación dunha iniciativa (proposición non de lei) na Cámara lexislativa autonómica a través da que insta á Xunta de Galicia a elaborar un estudo para o diagnosticar e propoñer posibles medidas a adoptar en relación coas edificacións de vivendas sen rematar por mor da crise.
A iniciativa do Grupo Popular pon de manifesto que a crise económica derivada da burbulla inmobiliaria xerou, como unha das súas consecuencias máis directas, a proliferación de edificios de vivendas non rematados espallados polo conxunto do territorio. Segundo Balseiro “ademais do evidente deterioro paisaxístico, está situación pode ser fonte de accidentes, ser ocupadas por usos indebidos ou afectar á cohesión social do contorno no que se atopan as construcións
SITUACIÓN DA MARIÑA LUCENSE
Só nas comarcas da Mariña lucense calculan que existen varios miles de vivendas de urbanizacións aínda en construción, moitas das cales (entorno a setecentas) estiveron ou están á venda logo de ser transferidas ao coñecido como banco malo (Sarev), así como un número importante de edificios que, por mor da depresión do mercado inmobiliario, relentizaron a súa construción e están en estrutura ou solar.
SITUACIÓNS DE INDEFENSIÓN
O parlamentario popular recoñece que as vivendas non rematadas poden presentar unha ampla casuística derivada de posibles procesos xudiciais, concursais e outras circunstancias. Así mesmo, en moitos casos numerosas familias e cidadáns teñen feito desembolsos en conceptos de adianto a conta que poden derivar en claras situacións de indefensión.
Para facerlle fronte a esta problemática, Balseiro explica que a iniciativa dos deputados populares plantea poñer en marcha medidas tendentes á identificación e análise da ampla casuística existente, avaliar se é o caso as situacións xurídicas máis habituais e propoñer solucións para superar estas situacións de xeito consensuado coas institucións, axentes e persoas afectadas.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



