Na tarde de onte debatíase no pleno do Concello de Lugo, pola vía da urxencia, a iniciativa que a Comunidade escolar do IES As Mercedes tiña presentado a semana pasada a todos os grupos municipais, e na que o Concello insta á Xunta de Galicia a paralizar a aplicación do DECRETO 49/2013, do 21 de marzo, polo que se crean e se transforman institutos de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia para, a continuación, iniciar un debate sobre as novas ofertas de Formación Profesional que o citado Decreto pretende implementar no IES As Mercedes e sobre as demandas de ESO e BAC da zona Sur de Lugo.
En relación ao debate no pleno, e en nome de toda a Comunidade Escolar, queremos agradecer a todos os grupos municipais a oportunidade que nos deron, agradecer ao grupo de Goberno e ao grupo municipal do BNG o acordo adoptado; mais, en relación ao grupo popular, temos que manifestar, antes de nada, a nosa sorpresa polo seu voto negativo e, en segundo lugar, lamentar termos que escoitar na palabra da voceira de Educación do PP as razóns que a Consellería de Educación debería ter comunicado e discutido con esta Comunidade Escolar. A partir dos argumentos expostos e remitidos a cada un dos grupos municipais sobre as necesidades educativas da zona Sur de Lugo e sobre os proxectos e funcionamento do noso Instituto, agardabamos dos nosos representantes no Concello unha unanimidade de voto que, onte constatamos, non puido ser. De todas formas seguimos invitando aos representantes do Grupo Popular a coñecer directamente a oferta educativa e os proxectos do IES As Mercedes, quedando comprometidos, – Jaime Castiñeira e Lourdes Yáñez-, a visitar o Instituto mañá,mércores, a partir das doce da mañá.
Toda esta Comunidade Escolar séntese agraviada pola falta de unanimidade de onte no Pleno do Concello de Lugo, pero queremos agardar que se poida dar no futuro, pois, parécenos innegable que a Zona Sur de Lugo necesita da oferta pública de ESO e BAC que ten hoxe no IES As Mercedes e que non hai ningunha mellora nin ningunha nova oferta de novos ciclos de Formación Profesional que non poidan ter cabida neste Centro dentro das obras de ampliación xa previstas, comprometidas e incluídas nos orzamentos pola Consellería de Educación. E en calquera caso, simplemente se pide abrir ese debate.
No día de hoxe, nunha reunión coas Asociacións de Veciños primeiro (ás 6 da tarde) e nunha reunión das ANPAS despois (ás 7 da tarde), debaterase o camiño a seguir. Pero xa adiantamos que queremos levar esta mesma petición ao Pleno da Deputación de Lugo e ao Pleno do Parlamento, pois consideramos que o dereito de todos e todas a unha Educación Pública de Calidade necesita dunha oferta de escolarización non masificada e que este dereito ten que prevalecer por riba desta política de recortes que practica o Goberno da Xunta de, por un lado, retirar importantes recursos económicos dos servizos públicos para, por outro, entregalos ao negocio privado do ensino.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



