Burela, 4 de abril de 2013. A praza do Concello será escenario o vindeiro domingo, 7 de abril, dunha xornada de ximnasia aeróbica para celebrar o día mundial da saúde, segundo informa a Concellería de Sanidade.
Diana Durán indica que “este domingo, 7 de abril, para conmemorar o Día Mundial da Saúde, vaise desenvolver, para todos e todas as persoas do noso Concello, que o desexen, a actividade que leva por nome ‘A saúde dálle vida a túa vida’, a través da cal os asistentes poderán desfrutar dunha clase de ximnasia aeróbica impartida por a Asociación Cultural Tabanca”.
Será de 12 a 13 horas na praza do Concello, “pero en caso de inclemencias meteorolóxicas a xornada trasladaríase ao Local de Asociacións (antiga praza de abastos”.
Durán convida “a todos os bureleses e burelesas a asistir a esta xornada e a pasar unha mañá de domingo distinta e o máis saudable posible”.