“A sanidade da Mariña vai retroceder vinte anos coa decisión do PP”
Foz a 10 de abril de 2013.- O Bloque Nacionalista Galego de Foz organiza para este venres 12 de Abril, ás 20:30, no salón de conferencias do CENIMA, unha mesa redonda informativa sobre o que significará para os veciños e veciñas do concello a posta en marcha da Área Única de Xestión Integrada e na que participarán o médico do Hospital da Costa, Iago Vilamil e o membro da Plataforma da Sanidade, Xoán Bouza.
O Portavoz Municipal do BNG, Xan Carlos Basanta, lembrou que “a centralización das competencias sanitarias en Lugo implica retrotraernos máis de vinte anos atrás no que ten que ver coa atención sanitaria na Mariña ata o punto de que boa parte dos servizos que se estaban a prestar en Burela deixarán de ofrecerse. É máis, o desmantelamento dos servizos hospitalarios ten o seu correlato tamén na atención primaria que pasa igualmente a depender de Lugo o que vai significar unha redución na oferta de facultativos e por conseguinte, o colapso do sistema”.
Os nacionalistas referíronse “as declaracións que os propios facultativos do Hospital veñen de facer públicos en datas recentes nos que recoñecen que a negativa da Xunta a ampliar o Hospital provoca que a capacidade operativa do mesmo se vexa reducido dun xeito considerábel. Outro tanto acontece coa negativa de dotar ao Hospital da Costa dun escáner , que segundo o Director dimisionario do Centro, estaría amortizado en 30 meses, o que deixa as claras que se a nosa zona segue sen este servizo non é nin máis nin menos que pola concepción que a dereita ten da sanidade como negocio”.
Os nacionalistas focegos pretenden “achegar información de primeira man ao conxunto dos veciños e veciñas sobre as consecuencias dunha decisión que vai repercutir de xeito directo na atención sanitaria dos mesmos, fixando uns novos parámetros que nada teñen a ver coa actual. Nós non temos dúbida algunha que non hai ningunha razón de orde técnico que xustifique esta decisión. Son motivacións de orde política que debemos vincular á consideración do PP sobre os servizos públicos e o modelo de ordenación do territorio. Isto é a súa é unha política que parte da consideración da sanidade como un negocio pero tamén dunha política que acredita na existencia de cidadáns de primeira e de segunda en función do lugar de residencia. En definitiva unha folla de ruta que pretende a centralización dos servizos básicos como a sanidade ou a educación”.
Xa por último, Xan Carlos Basanta, fixo “un convite expreso á veciñanza de Foz a participar desta mesa redonda, posto que aínda estamos a tempo de darlle a volta a esta decisión da Xunta de Galiza que tantas implicacións negativas ten para todos os mariñáns. O camiño para dotar á comarca da Mariña da sanidade que se merece é o camiño da loita e da mobilización, un camiño que para ser andado precisa de que a xente conte coa información precisa”.









O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



