O Concello cortou a herba, pintou as liñas de delimitación das áreas e colocou redes nas porterías para ofrecer un terreo de xogo axeitado.
Cervo, 11 de abril de 2013-A delegación de Deportes, que dirixe o edil Luis Guillén, informa de que o campo de fútbol 7 que se atopa no complexo deportivo de Río Covo foi acondicionado para a práctica desta disciplina. Nestes días varios operarios do Concello estiveron traballando na mellora destas instalacións, executando traballos de preparación do campo como a corta do céspede ou o pintado das liñas delimitación das áreas. Ao mesmo tempo tamén se dotou de redes ás porterías.
Uns traballos que xa remataron e que deron lugar a un terreo de xogo completamente preparado para a súa utilización por parte dos deportistas. Esta actuación fora solicitada por un grupo de persoas afeccionadas que se amosaron interesadas en empregar estas instalacións.
Deste xeito, e unha vez acondicionado o campo, a delegación de Deportes anima a todos os afeccionados ao fútbol 7 “a darlle uso a este equipamento” co único requisito de “solicitar un permiso no Concello previo á súa utilización”. Guillén asegura que o Concello traballará para manter o campo en boas condicións que permitan aos deportistas “seguir xogando nunhas instalacións axeitadas a esta práctica”.
Unha iniciativa que se enmarca nun conxunto máis amplo de medidas para o mantemento das instalacións deportivas de Río Covo, especialmente de cara á chegada do verán.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



