RIBADEO .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, anuncia hoxe que “desde o martes 19 de agosto estamos a pechar todos los días pola noite o aparcadoiro provisional das Catedrais para todo tipo de vehículos entre as nove da noite e as nove da mañá. Unha decisión motivada polo mal uso dalgúns autocaravanistas á hora de comportarse desde o punto de vista medio ambiental. Algúns non cumprían con moitas das normas de acampada itinerante que consisten por exemplo en non facer uso de ningún elemento de cámping, abrir as ventás ou tender a roupa”. Garda Civil e Policía Local informan estes días aos propietarios das autocaravanas do peche do aparcadoiro e convídanos a dirixirse aos lugares habilitados para eses vehículos na comarca.
Cupeiro engade que “por todo isto e por non correr o risco de que evacúen as augas grises ou os tanques sépticos neste lugar protexido vímonos obrigados a pechar este aparcadoiro. Desde o Concello entendemos que as autocaravanas teñen a mesma consideración que calquera vehículo, sempre e cando cumpran coas súas obrigas. Ainda que a normativa en España está transferida ás Comunidades Autónomas, ésta é bastante antiga a pesares de que a lexislación europea mediante a directiva 92/53 CEE orienta a facilitar a pernoctación das autocaravanas”.
O delegado de Medio Ambiente asegura que “debido ao incremento deste tipo de vehículos, en Francia e en Italia xa lexislaron ao respecto dos aparcadoiros para autocaravanas, dándolles aos alcaldes a posibilidade de regulalo de forma motivada. Esperemos que nun futuro próximo nós poidamos dar acollida a este turismo cada día máis abundante e manter os nosos espazos protexidos con plena vitalidade medio ambiental”.






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



