O Maratón de Lectura de Burela, que nacía hai dous anos na nosa vila, celebrarase este ano de novo da man do Colectivo Cultural Buril. O Maratón, que tén por finalidade principal promover a lectura en lingua galega, terá lugar o próximo 23 de abril no salón de plenos do Concello.
Este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares Galegos, obra fundacional da literatura galega contemporánea e símbolo do Rexurdimento da literatura e cultura galegas. Desde o Colectivo Buril queremos dedicar o III Maratón de Lectura a Rosalía de Castro, sumándonos deste xeito ás distintas actividades que se están a desenvolver en numerosas vilas e cidades galegas, promovidas principalmente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), pola Fundación Rosalía e por distintas asociacións culturais.
Ao igual que na edición previa do maratón, a lectura prolongarase ao longo de todo o día e os textos a ler serán fragmentos da obra rosaliana ou ben textos de outros autores e autoras dedicados á poeta de Padrón. A xornada de mañá
dará comezo ás 10:00 coas lecturas dos alumnos e alumnas dos centros educativos de primaria e secundaria de Burela Os Castros, Vista Alegre, Monte Castelo e Perdouro. Pola tarde, desde as 16:00, participarán distintos colectivos
e entidades de Burela, estando xa confirmada a presenza da asociación Camiña,Axuda ao enfermo mental “A Mariña”, Fundación Eu Son, Burela FS, Club de Baloncesto, SCR Ledicia, Amigas e Amigos da Banda Música de Burela, AMAJAZZ, Centro San Aníbal, asociación Vagalume, Observatorio da Mariña pola Igualdade, Club de Lectura, así como distintas
persoas que participarán a título individual.
Desde o colectivo Buril agradecen o interese mostrado por todos e todas as participantes, que fan posible este maratón de lectura en Burela. Tamén aproveitan para convidar a todas as persoas a asistir ao maratón e desfrutar da lectura de textos de Rosalía de Castro ao longo de todo o día.






















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



