Lugo, 19 de abril 2013. Esta mañá, na rolda de prensa trala Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, criticou aos responsábeis da Consellaría de Educación pola decisión de “desintegrar o IES das Mercedes de convertelo nun Centro Integrado de Formación Profesional, que obriga a mover 200 alumnos e alumnas a outros institutos lucenses para cursar bacharelato, cos conseguintes trastornos que isto supón ao comunicárselle esta decisión ao alumnado, profesorado e pais e nais na recta final do curso académico. Arredor de 70 alumnos e alumnas do Corgo, que actualmente cursan os seus estudos de ESO e Bacharelato no IES As Mercedes de Lugo e contan con servizo de autobús e comedor, veranse desprazados cara outros institutos sen que a Consellaría de Educación teña informado de cales van ser. Non entendemos esta maneira de actuar da Consellaría e compartimos o malestar xerado tanto na dirección do centro coma entre os docentes e no alumnado e as súas familias xa que esta decisión non foi nin anunciada nun momento oportuno nin se tivo en conta para nada a todo o conxunto da comunidade educativa que vai verse afectada, tanto docentes como alumnado. Ademais, a Consellaría de Educación non deu explicacións concretas sobre cal será o destino tanto do profesorado coma do alumnado que está a cursar as ensinanzas que se suprimen e cara que centros da cidade se van a redirixir”.
Mario Outeiro afirmou que “tanto o estudantado, como pais e nais, como diversas agrupacións veciñais de Lugo, así como formacións políticas e sindicais apoian a continuidade do IES As Mercedes nos mesmos termos que até o de agora, polo que non entendemos a negativa da Consellaría de Educación a reconsiderar esta decisión. A Consellaría de Educación ninguneou á comunidade educativa, empezando polos 28 profesores, aos que lles crea problemas coas súas prazas, e seguindo polos 200 alumnos”.
Para o delegado de Cultura e Turismo da Deputación “o IES das Mercedes debería continuar funcionando coa actual oferta formativa tendo en conta ademais os investimentos, superiores aos 150.000 euros, que se realizaron neste centro para dotar de aulas, material e demais complementos didácticos e educativos destinados aos cursos da ESO e de Bacharelato que se perderán de non continuaren estes cursos no centro”.
Mario Outeiro manifestou o apoio á comunidade educativa que está a realizar desde o pasado mércores un peche no propio IES das Mercedes, e que remata hoxe, e informou de que o vindeiro xoves 25 de abril, a formación xuvenil nacionalista, Galiza Nova, xunto ca Asemblea de Estudantes do IES As Mercedes convoca ao ensino de Lugo a un parón dende as 11:15 até as 12:30 en oposición ante desintegración do IES As Mercedes e na defensa do ensino público. A manifestación sairá ás 11:15 das Mercedes, pasará ás 11:30 por Ramón Ferreiro, para chegar ao Multiusos da Xunta en torno ás 12h.
Dentro dos asuntos da Xunta de Goberno, Mario Outeiro informou da aprobación do prezo público do libro “Das cousas de Xoán Balboa”, que queda fixado en 15 euros, dos que corresponden á Deputación 14,42 euros. Este libro é un catálogo que compila a obra deste polifacético lucense que se xuntara tempo atrás nunha exposición e que agora se pasa ao papel. Este volume será presentado en público nas vindeiras semanas, nun acto que será anunciado.



















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



