A segunda carreira solidaria, “Gotas para Níxer”, que realiza o Concello de Burela con Unicef tivo lugar ó longo desta mañá e reuniu a preto de 200 participantes. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, foron os encargados da dar a saída aos corredores. A meirande parte dos participantes chegaron prodecentes do IES Monte Castelo e tamén acudiron membros da Fundación Eu Son, que realizaron o traxecto acompañados polos monitores do centro. O inicio e o final da carreira estiveron apadriñados por membros dos equipos de fútbol sala masculino e feminino, que animaron aos participantes e asinaron autógrafos ao final da proba.
Todos os participantes recibiron material promocional facilitado por Gadis e un botellín de auga para repoñer forzas. Desde a Delegación de Medio Ambiente explican que “aos donativos recadados coa adquisición de dorsais, hai que sumar as aportacións realizadas na mesa informativa que a Delegación de Medio Ambiente instalou nas proximidades do centro de saúde o pasado venres e as colectas efectuadas pola Asociación de Enfermos Mentais A Mariña e a Fundación Indecum”.
A Concellería de Medio Ambiente agradece “a participación e a colaboración de todos por sumarse a esta iniciativa de Unicef co obxectivo de conseguir mellorar a calidade de vida da poboación infantil nixeriana”.









No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
