Santiago de Compostela, 21 de abril de 2013.- A pesar de que Movistar se comprometeu por escrito hai cinco anos coa Mesa pola Normalización Lingüística a incorporar a lingua de Galiza á súa páxina web, esta situación de “desconsideración” cara ao galego mantense na actualidade. A entidade en defensa do galego denuncia que “a burla de Movistar vese con maior claridade cando observamos como acaba de renovar a súa páxina web e esta só está dispoñíbel en castelán e catalán.
Curiosamente para unha empresa que se gaba das grandes vantaxes da comunicación en liña, Movistar – Telefónica sempre descoidou a súa atención web fronte á atención presencial ou telefónica no que atinxe aos idiomas. Xa desde o ano 2000, coa súa páxina TelefonicaOnline, Telefónica só incorporou o castelán e o catalán como linguas únicas en que o web se podía consultar. Trece anos despois, a páxina actual de atención ao público, Movistar, continúa só nestas dúas linguas (http://www.movistar.es/ e http://www.movistar.es/ca).
Trece anos sen a web de atención ao público en galego nunha empresa tecnolóxica na era das novas tecnoloxías é un prazo excesivo para conseguir unha atención óptima en liña. Mais non é o único prazo excesivo, xa van cinco anos desde que Telefónica se comprometeu por escrito coa Mesa pola Normalización Lingüística (nunha comunicación do daquela presidente de Telefónica, Guillermo Ansaldo, ao presidente da Mesa, Carlos Callón) a incorporar o galego á súa web. Cinco anos para acadar un compromiso é un prazo exaxerado.
Para A Mesa pola Normalización Lingüística non pode haber calidade na atención á usuaria ou ao usuario nin unha boa experiencia das persoas galegofalantes “se non temos nin tan sequera a opción de recibirmos a información na nosa lingua”.
É por iso, polo que, para acadarmos o respecto que nos merecemos como galegas e galegos, propómoslle á cidadanía que fagan chegar a súa queixa á empresa e a a que lle dean forza no Twitter a través da etiqueta #MovistarPáxinaEnGalegoXA.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



