O instituto Perdouro de Burela levou a cabo diversas actividades no Día Internacional do Libro. Na hora de ler, adicaron a lectura ao Don Quixote a partir do libro interactivo e no recreo formaron unha ‘libercadea’ a partir dun libro xigante. Unidos polos libros, máis de 100 alumnos de ESO e Bach acompañados polo profesorado xuntáronse o redor do libro das verbas. E para clausurar o acto, Fran García, alumno de CF, Julieta Durán, alumna de 1º de Bach. e Isabel Lawicki de 1º de ESO leron 3 manifestos na honra dos libros. Para rematar a mañá, o alumnado de 4º de ESO participou no III Maratón de lectura organizado polo Colectivo Cultural Buril coa lectura da obra Follas Novas de Rosalía de Castro.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



