A Xunta de Persoal, órgano de máxima representación das traballadoras e traballadores da área sanitaria da Mariña, apoia o traballo que dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña se ven levando a cabo en defensa da sanidade da comarca. Polo mesmo, solicita formar parte dela e colaborar coas súas actividades.
Únete a nós para seguir traballando pola nosa saúde
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña nace na primavera de 2010 co obxectivo básico de denunciar o deterioro dos servizos sanitarios públicos na comarca, tanto no servizo de atención primaria como especializa, tendo entre os principios fundacionais a defensa dun servizo sanitario público, universal, gratuíto e de calidade como base fundamental para unha sociedade xusta e igualitaria. Na actualidade forman parte da Plataforma asociacións de doentes, asociacións veciñais e doutra índole, organizacións políticas, sindicais e colectivos de traballadores e traballadoras dos diferentes servizos sanitarios da Mariña. Á súa vez forma parte da Plataforma SOS Sanidade Pública que aglutina a todas as plataformas galegas na defensa da sanidade pública.