Lourenzá, 15 de maio de 2013. A corporación municipal de Lourenzá celebrará pleno o vindeiro luns, día 20 ás doce e media do mediodía con 13 puntos na orden do día. Entre eles figuran as ordenanzas para regular o uso de espazos e vías públicas de titularidade municipal.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, adiantou os asuntos máis salientables que se van tratar na sesión plenaria. Dous deles son “dar conta do informe da secretaria do primeiro trimestre deste ano 2013 sobre o seguimento do plan de axuste e ratificar un acordo da alcaldía e despois da xunta de goberno local celebrada o 22 de marzo polo que se abre o expediente para a aprobación do escudo heráldico e a bandeira”.
Emma Álvarez tamén anunciou que se abordará “o exame e aprobación do expediente de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos das escolas deportivas, que era unha das medidas que ían no plan de axuste que fixemos no ano 2011, no que un dos compromisos era subir as taxas no 2013. Tendo en conta que as escolas deportivas se pagan no mes de setembro fómolo deixando ata este pleno”.
A rexedora local explicou ademais que “houbo que facer unhas pequenas modificacións no regulamento de réxime interior do punto de atención á infancia Meniños, que xa está publicado e en vigor, posto que os nenos xa poden comer a mediodía, pero para poder visalo faltábanos facer referencia a dúas leis que non citábamos e por ese motivo ter que volver outra vez ao pleno”.
Entre os asuntos que figuran na orden do día da sesión a alcaldesa tamén fixo referencia á “ordenanza municipal reguladora do uso e aproveitamento dos espazos públicos de titularidade municipal e tamén a ordenanza reguladora do uso e aproveitamento especial de vías públicas e espazos de titularidade municipal.
Anteriormente estas dúas ordenanzas estaban refundidas nunha única, a partir da cal cun informe xurídico elaborado pola Xunta de Galicia fixemos xunto co secretario da Mancomunidade unha ordenanza única para tódolos concellos da Mariña de Lugo. E esa ordenanza que vai regular os espazos e as vías públicas de titularidade municipal e que pretendemos aprobar é a mesma que se aprobou no pleno da Mancomunidade e que me consta que se vai levar a pleno en tódolos concellos, sexan da cor que sexan. Tamén levamos outra ordenanza fiscal reguladora do prezo público para poder cobrar as visitas ao Centro de Interpretación da Faba. A mesma persoa que fai de guía do mosteiro e da igrexa tamén ensina o Centro de Interpretación da Faba, pero ata o día de hoxe non existía ningunha ordenanza que regulara o cobro da entrada e neste pleno pretendemos aprobala”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



