Os grupos Xoldra, de Mondoñedo, TeatroCrea, de Viveiro, e Ollomao, de Barreiros, incorpóranse este ano ao programa teatral
Barreiros, 21 de maio de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, presentou, esta tarde, na Praia de Altar, en Barreiros, acompañado polo director do Grupo de Teatro Ollomao, Ramón Casas, a quinta edición dos circuítos do proxecto teatral Buxiganga, unha iniciativa posta en marcha pola Área de Cultura do ente provincial coa que se pretende potenciar o teatro en todas as súas vertentes como un elemento de transmisión cultural, fomentar o emprego do galego neste ámbito e cumprir unha importante función de cohesión e integración social.
O número de grupos participantes nos circuítos vese incrementado respecto a anteriores edicións, cun total de 30 grupos de teatro, seis máis que na pasada edición, e deses seis, tres son da Mariña: o grupo Xoldra, de Mondoñedo, coa obra “Fonda Lurditas”, o TeatroCrea, de Viveiro, coa posta en escena de “Butaca 16”, e o colectivo Ollomao, de Barreiros, que recupera a obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse”, e que aproveitou para representar un fragmento desta peza durante o acto de presentación.
Estes tres novos colectivos, únense aos 7 que xa participaron na pasada edición dos circuítos Buxiganga: A Adala, de Fazouro; Ardora, de San Cibrao; Axóuxeres, de Vilaronte; O Batán, de Cangas de Foz; O Bordelo, de Cervo; Raiolas, de Alfoz; e o Grupo de Teatro de Ribadeo; de maneira que dos 30 grupos participantes, 10 pertencen á comarca da Mariña, o que permite que se suban ao escenario un total de 117 actrices e actores mariñaos. Deste xeito, configúrase un calendario con un total de 29 representacións na comarca a cargo de diferentes colectivos teatrais da provincia, e 24 actuacións que os grupos mariñaos porán en escena en distintos puntos da provincia.
Durante a súa intervención, o vicepresidente do ente provincial explicou que “observando os datos concluímos que A Mariña é a comarca onde o programa ten máis éxito tanto polo número de grupos como polo de espectadores, posto que na pasada edición as representacións da comarca foron vistas por 2.400 espectadores, dos 6.000 que se rexistraron a nivel provincial. Nestes tempos de recortes e tesoiras, o teatro na Mariña vai a máis en todos os ámbitos grazas ao decidido apoio da área de Cultura da Deputación de traballar coa xente de a pé”.
“Por iso – continuou Veiga- queremos animar ás veciñas e veciños de toda a comarca a que vaian ao teatro aínda máis. Os circuítos deste ano ofrecen unha variedade moi ampla que de seguro serán do seu agrado. Podemos ver teatro de adulto, infantil, pezas cómicas, tráxicas, teatro costumista ou dun perfil máis contemporáneo ou propostas que mesturan o teatro con outras disciplinas artísticas, pero sobre todo moito humor e moita risa nuns tempos onde algúns queren mexar por nós. A crítica social tamén estará presente, como non podía ser doutro xeito, nestes circuítos”.
Ao igual que na pasada edición, as representacións teatrais puideron ser solicitadas tanto por concellos como por asociacións culturais e veciñais, tendo que facerse cargo do 20% do caché dos grupos, gasto que poden financiar cobrando ata dous euros simbólicos en taquilla, mentres que a Área de Cultura da Deputación financia o 80% restante. Tamén se mantén o caché dos grupos de teatro afeccionado de maneira que os grupos de ata cinco persoas cobrarán 300 euros por actuación, os grupos de entre seis e oito persoas cobrarán 500 euros por actuación, e os grupos de máis de nove persoas, 850 euros, a menos que un grupo realice o tope de 3 funcións, que pasarán a cobrar 250, 450 e 800 euros, respectivamente.
Tralo acto de presentación, representantes dos distintos grupos de teatro afeccionado da comarca mantiveron unha xuntanza co vicepresidente da Deputación para valorar como están a funcionar os circuítos postos en marcha a través do Proxecto Buxiganga na comarca e para propoñer novas iniciativas que se poidan levar a cabo.






















Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



