Lugo, 26 de maio de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro pediu hoxe a José Ramón Gómez Besteiro que non se agoche tras o secretario de Organización socialista lucense “e ordene de xeito inmediato rectificar a escandalosa decisión de poñer prezo á gobernabilidade do Valadouro”.
O dirixente popular di que o propio Besteiro non pode desaparecer agora “consciente do erro cometido,tras converterse nun mercader político” coa alcaldía do Valadouro e insiste en que “debe explicar ante o conxunto dos veciños e dos galegos este tipo de amaños que autoriza, xa que logo unha persoa que aspira a converterse en secretario xeral do PSdeG, ten que dar a cara e deixar claro si pretende xeneralizar estas escandalosas estratexias no conxunto de Galicia”
José Manuel Balseiro volve a esixir a Gómez Besteiro a que deixe de ocultar o contido íntegro do pacto asinado ante notario para promover a moción de censura neste concello lucense e sinalan ao vicepresidente primeiro e á vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo como as persoas que se encargaron da negociación directas desta artimaña, co beneplácito e mandato expreso do propio Besteiro.
BARREIRO VS. BESTEIRO
José Manuel Balseiro tampouco quixo evitar e deu resposta ás críticas efectuadas polo deputado e secretario de Organización do PSOE en Lugo González Santín, de quen lamentou “o papelón que lle atribuiron ao ter que defender un pacto que denigra a política e converte aos representantes en meros títeres movidos por intereses económicos”.
Balseiro dixo que é un erro falar de dedicacións xa que logo mentres que o conxunto dos lucenses e os cargos públicos do PP recoñecen o traballo de Barreiro sempre movido en defensa dos intereses da provincia, esta situación contrasta co proceder de José Ramón Gómez Besteiro, que por non facer nin acude ás Comisións de Goberno da Deputación (o propio PP denunciou que estivo ausente no 50% delas no que levamos de ano), pese a que é a súa obrigación e para iso se lle paga un soldo, co diñeiro de todos os lucenses.
Dixo tamén que mentres Barreiro levou ao Partido Popular aos mellores resultados electorais do PP na provincia, o PSOE, con Gómez Besteiro á cabeza, está nos peores datos da súa historia tanto a nivel municipal, como autonómico e nacional.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



