Burela, 26 de maio de 2013. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, realizou un balance moi positivo da XV Feira Monográfico Expomar que hoxe chegou ao seu fin, tanto polas transaccións comerciais iniciadas coma polos asuntos abordados nos foros de debate deste evento, que encheu a vila de xente desde o pasado xoves. A clausura tivo lugar ás doce do mediodía na nave de redes.
O rexedor fixo unha valoración altamente positiva en canto á parte expositiva da feira, “imos confiar en que as transaccións comerciais que se tivesen iniciado aquí teñan un bo final, porque iso repercutirá na capacidade de convocatoria que teñamos na vindeira edición de Expomar”.
González Barcia tamén se amosou satisfeito do desenrolo das xornadas técnicas e dos encontros empresariais, “ambos foros tiveron un nivel moi alto. Proba do interese que suscitaron é que a xornada do xoves acabou pasadas as nove da noite e a do venres terminou despois das oito da tarde. O vindeiro ano repetiremos a experiencia, igual con algún tema dos abordados nesta ocasión porque por desgraza aínda non se resolvese nesas datas. Pero como o sector está en permanente evolución aparecerán novas cuestións para analizar e debater”.
Sobre os encontros profesionais e empresariais sinalou que “tamén acabaron máis tarde do previsto no programa, o que demostra a preocupación que o sector ten por aclarar algunhas cuestións. Neste caso a aposta do sector por trasladarlle á poboación que si hai stocks suficientes para seguir pescando en contra do que din os grupos ecoloxistas é un dato a ter en conta. Ata o de agora o sector non se tiña manifestado de xeito tan claro como o fixo o venres, e isto é un punto de inflexión con respecto ás posicións que se viñeron mantendo con anterioridade e que eran dun certo silencio ou de trasladarlles inquietudes ás administracións públicas”. Para o presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela “agora dáse un paso máis, xa que o que se traslada á poboación é que hai recursos dabondo para seguir pescando e apostar polos produtos propios en contra dos foráneos”.
José Mª González Barcia deulles as grazas aos expositores “porque sen eles non habería feira. Cremos que a maioría repetirán dentro de dous anos. Tamén hai que agradecerlles ás institucións o apoio que nos prestaron, especialmente á Xunta de Galicia, que estivo durante estes catro días aquí de xeito permanente xa non só como máxima responsable, que tamén, senón que houbo cargos da Consellería do Medio Rural e do Mar con nós todos estes días. E hai que destacar a súa achega económica e de asesoría técnica en canto aos foros de debate. Hai que agradecerlle tamén ao goberno central o seu apoio, porque aquí estiveron presentes Puertos del Estado e o Instituto Social de la Marina e isto dalgún xeito ven significar a importancia que ten a feira Expomar e a consciencia que ten o goberno central de que este evento é un referente no norte de España. E tamén lles queremos agradecer á Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo o seu apoio”.
O rexedor burelés subliñou que “estamos moi satisfeitos de cómo discorreu á feira. Todo é mellorable, pero en liñas xerais saíu moi ben. A organización foi casi perfecta”. E felicitou “á presidenta do comité organizador, Patricia López, que é a concelleira do Mar; á xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez polo seu traballo tamén; e ao persoal que estivo con ela durante estes catro días. Un agradecemento especial para ás entidades que forman parte do padroado da Fundación Expomar: confraría de pescadores, Armadores de Burela, Armón, Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Pescados Rubén… en definitiva a todas as organizacións incluídas nese padroado, que en datas próximas manterá unha xuntanza para facer unha valoración un pouco máis exhaustiva do que foi a feira deste 2013”.
No acto de clausura deste mediodía interviñeron o secretario xeral de Pesca da Xunta, Juan Maneiro, o presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, e a presidenta do comité organizador, Patricia López. Tamén asistiu a esta cita o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



