Amigos das Viaxes de Foz organizan unha nova saída para o domingo 16 de xuño con destino a Molinaseca (Ponferrada) e Palacio de Canedo (Cacabelos). O importe da viaxe, con comida e transporte, é de 41 euros. As prazas son limitadas e os interesados poden anotarse chamando a Jaime Cancio (609 822 649).
