Ribadeo, 28 de maio de 2013. O salón de actos da antiga casa sindical acollerá o vindeiro 6 de xuño un curso ó amparo do proxecto Abrocha-T á seguridade. Está organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo e dende ACISA recoméndase a todos os seus asociados e ó resto da poboación de Ribadeo e da súa comarca. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ribadense é socia da CEL.
Dito curso desenvolverase entre as 18 a as 20 horas e abordará a Coordinación de actividades empresariales e o uso de EPI´s. A todos os asistentes á xornada lles será entregado, xunto á documentación correspondente, un kit de seguridade que inclúe: chaleco acolchado, chaleco reflector, luvs e lentes de protección e protectores auditivos.
A inscrición e participación no mesmo é gratuíta. Os interesados poden facela xa nas instalacións da CEL na Mariña e tamén nas de ACISA Ribadeo. O curso está dirixido a técnicos de prevención, delegados de prevención e membros do comité de seguridade e saúde, a empresarios e traballadores en activo e tamén a autónomos.
Alfonso Parga López, delegado da CEL na zona norte será o encargado de presentar la xornada e a continuación intervirá o ponente que é o xefe de Inspección de Traballo e Seguridade Social en Lugo, Nicolás González Raposo, que analizará cuestións coma os equipos de protección individual, as responsabilidades e sancións e a coordinación de actividades empresariais.
Este curso celebrouse xa en Lugo e en Monforte e, segundo a organización, foi un éxito.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



