O pleno celebrado na tarde de onte durou escasa media hora, non admitiu a urxencia para debater unha moción sobre a sanidade e outra sobre o aborto e non respondeu ás preguntas que se lle formularon.
Barreiros, 28 de maio de 2013. Os nacionalistas barreirenses aseguran que “os plenos de Barreiros se converteron nun paripé nos que o Alcalde impide o debate das cuestións que a oposición plantexa. Como exemplo, sinalan que, “xa no anterior pleno, non respondeu ás preguntas que se lle formularon e deixounas para contestar no seguinte. No pleno de onte, esas preguntas foron contestadas sen ningún tipo de argumentación, en moitos casos con monosílabos (un simple si ou non), deixando algunha sen contestar e sen nen sequera especificar a que preguntas estaba respondendo en cada caso; senón que foi lendo unha serie de respostas numeradas.” Desde o BNG consideran que esta actitude non é digna dun representante público e, moito menos, dun Alcalde que, coma Alfonso Fuente, ten adicación exclusiva para traballar para e polo Concello e as súas veciñas e veciñas.
Os nacionalistas inciden ademais en que “o alcalde obvia contestar, por exemplo, a cuestións tan relevantes para este Concello como a cantidade que hai depositada polos promotores para facer fronte ás obras do convenio da auga e o saneamento.” Baseándose nestes feitos, desde o BNG non dubidan en calificar esta actitude como “antidemocrática e de falla de respecto, non só á oposición, senón á cidadanía que non pode coñecer as cuestións municipais que sexan do seu interese.”
O Bloque Nacionalista Galego ten pendentes de debater arredor de dez mocións que nunca foron introducidas polo Alcalde na orde do día, téndose rexistrado formalmente no Concello. E engaden que “xa temos a costume de que a inmensa maioría da documentación que solicitamos, por rexistro ou nos rogos dos plenos, non se nos facilite nin se nos asigne unha data para poder consultala.”
Na tarde de onte, o grupo municipal nacionalista solicitou o tratamento pola vía de urxencia dunha moción a respecto da modificación da lei do aborto, sobre a que se teñen coñecido novidades nas últimas semanas e baixo a argumentación de que sempre é máis sinxelo facer achegas e facer cambiar a vontade política, forzando a que non se restrinxa máis o dereito ao aborto libre e gratuíto de todas as mulleres, cando aínda non hai un proxecto firme que no momento en que xa haxa un documento. Alfonso Fuente, neste caso, argumentou que non había nada sobre o que debater xa que non había proxecto de lei, polo que non vía a urxencia.
Os nacionalistas de Barreiros consideran hipócrita esta argumentación e lémbranlle ao Alcalde barreirense “como se apresurou a opoñerse ás posibles modificacións da Lei de Réxime Local (da que tampouco hai proxecto ningún) cando vía perigar o seu salario.” Para o BNG “esta actitude é unha auténtica falta de respecto cara as veciñas e veciños e dá boa mostra de cales son os intereses de Alfonso Fuente: cando se trata do seu salario, apresúrase a manifestarse -incluso en contra e ameazando con deixar o partido-, mobilizarse e buscar solucións; pero cando se trata de cuestións que lle afectan á cidadanía en xeral e non a el concretamente, obvia os debates e defende os postulados do Partido Popular.”
Aprobación da ordenanza reguladora do uso de vías municipais
Desde o grupo municipal do BNG parabenízanse porque se teña aprobado unha ordenanza que regule o uso das vías municipais. Esta regulación é de grande interese para Barreiros e o BNG tena solicitado en numerosas ocasións no pleno, xa que é habitual que distintas empresas utilicen vías municipais causándolles desperfectos e que non se reparen ao finalizar eses traballos. Como exemplo, os nacionalistas solicitaron nun rogo no pleno de onte que se tomen as medidas oportunas para que se proceda a arranxar a pista de acceso á cementeira en Benquerencia, sendo este un caso claro no que procede regular e aplicar este aspecto.


















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



