Ribadeo, 28 de maio de 2013. A Delegación de Desenvolvemento Local e Turismo do Concello quere pór en marcha unha nova liña de propostas gastronómicas de Ribadeo, baseadas en produtos da zona procedentes do mar, da ría e da horta.
A edil nacionalista, Ana Martínez, sinalou que “queremos potenciar así a gastronomía da zona, do producido e feito aquí, achegarnos á calidade e frescura da proximidade e do valor que aporta á nosa economía local. E para elo traballaremos en varios produtos que se adecuarán ao perfil e demanda das diferentes tipoloxías dos establecementos de Ribadeo. Os dous primeiros serán os denominados Bono gastronómico e Sabores de Ribadeo”.
Bono Gastronómico
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo indicou que “o Bono gastronómico será un produto de calidade composto por un menú degustación dirixido a restaurantes que deberán cumprir cos requisitos que serán establecidos por un profesional da materia e que neste caso estará asesorado e validado polo cociñeiro Gonzalo Pañeda que rexenta actualmente o restaurante El Puerto en Gijón e que conta cunha estrela Michelín”. E engadiu que “pretendemos que o Bono gastronómico se converta nun produto de referencia para a nosa zona cunha imaxe de calidade e que poderá ser vendido vía on line e servir como agasallo para calquera ocasión especial”.
Sabores de Ribadeo
Ana Martínez dixo que “Sabores de Ribadeo será unha proposta que tamén se baseará en produtos da zona e estará dirixido a bares, mesóns e outros establecementos que non teñan cabida no Bono Gastronómico e virán conformando unha oferta de tapas e racións baseados en produtos de Ribadeo e a súa contorna”.
Para a difusión destes dous produtos aproveitarase a aplicación informática Ribadeo gastronómico, recentemente empregada con tanto éxito no concurso gastronómico Ribadeo de tapeo, xa que se superaron as 1.000 descargas en 10 días.
O vindeiro xoves, 30 de maio, ás 10:30 horas no salón de plenos do Concello teremos a primeira xuntanza con Gonzalo Pañeda, que estará dirixida a aqueles restaurantes que desexen participar no Bono gastronómico.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



