Lugo, 28 de maio de 2013. O salón de actos do Pazo de San Marcos acolleu, esta tarde, a gala dos I Premios ao baloncesto galego que outorga a revista especializada neste deporte Zona Press. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co director da publicación deportiva, Óscar Losada, foi o encargado de entregar estes galardóns “que supoñen un recoñecemento ao traballo levado a cabo polos deportistas e técnicos galegos ao longo da tempada que vén de rematar”.
Nesta primeira edición, establecéronse seis categorías á hora de conceder os premios. O galardón ao mellor xogador galego recaeu en David Mouriz, do Amfiv Vigo; o de mellor xogadora galega foi para Arantxa Novo, do Universidade do País Vasco; o de mellor xogador dun equipo galego para Alberto Corbacho, do Obradoiro; o de mellor xogadora dun equipo galego para Ylenia Manzanares, do Cortegada, o premio ao mellor xogador estranxeiro dun equipo galego recaeu en Levon kendall, do Obradoiro, mentres que o galardón ao mellor técnico dun equipo galego foi para Moncho Fernández, que adestra ao Obradoiro. Así mesmo, tamén se otorgou un premio á traxectoria, que neste caso recaeu no ex xogador galego Fernando Romay.
Antonio Veiga congratulou ás galardoadas e aos galardoados, así como á propia publicación Zona Press “polo labor que desenvolve a nivel divulgativo a prol deste deporte” e amosou a súa satisfacción respecto a que esta gala do baloncesto galego, que se organiza por primeira vez, se celebrase na cidade de Lugo “por tratarse dunha cidade punteira en Galiza no eido do baloncesto dando cabida numerosos equipos de baloncesto de base tanto masculinos coma femininos” .
A proxección do documental Campioas Esquecidas, un traballo sobre o equipo feminino Medina de A Coruña, o primeiro conxunto galego que competiu nunha Copa de Europa en calquera modalidade deportiva de equipo, facéndoo antes ca unha escuadra masculina, serviu como broche final a esta gala dos I Premios ao baloncesto galego.
Neste senso, o vicepresidente do ente provincial recordou que “un dos principais obxectivos da área de Deporte da Deputación de Lugo é a promoción da igualdade en todas as disciplinas deportivas” e destacou que “hoxe en día, o baloncesto é un dos deportes que máis presenza feminina ten no que se refire tanto aos equipos como ás súas directivas”.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
