Ribadeo, 30 de maio de 2013. ACISA felicita ós gañadores do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo. Fai uns días dábase a coñecer o nome dos locais elixidos polo xurado coma os autores das mellores tapas deste 2013, que foron La Solana, La Villa e O Tumbín. E onte facíase pública a decisión do público que cos seus votos elixiu como a mellor tapa a proposta elaborada polo hotel Bouza.
A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo quere felicitar ós restaurantes La Solana, La Villa, O Tumbín e Bouza “porque as súas tapas foron elixidas coma as mellores da edición de 2013 do Ribadeo de tapeo. Estamos moi satisfeitos polo traballo que realizaron estes catro locais, que ademais son socios de ACISA. Trátase do recoñecemento á orixinalidade das súas creacións e ós sabores que souberon transmitir coas súas tapas”.
ACISA recorda que 40 dos 55 bares, mesóns e restaurantes que participaron no Ribadeo de tapeo son asociados, “a cita encheu de xente durante estes dez días os locais hostaleiros da localidade e das parroquias, algo que consideramos moi importante dados os tempos que nos tocaron vivir. Foron moitos os que participaron, pero so uns poucos pasaron á fase final na que despois se procedeu a elixir ós gañadores”. A directiva fai extensiva a súa felicitación a todos os participantes e a todos os finalistas: “o traballo ben feito sempre ten a súa recompensa”.
Desde a directiva de ACISA animan ós ribadenses a acudir á degustación gratuíta das tapas que ofrecerán mañá venres, 31 de maio, os locais gañadores.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



