Madrid, 29 de maio de 2013.- O portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Popular (GPP) no Congreso, Joaquín García Díez, espera que o rechazo da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo ó acordo de pesca da UE con Mauritania supoña un paso importante para renegociar unhas condicións viables para a flota europea antes de que o Pleno do Parlamento Europeo debata este asunto.
García Díez mostrou a súa satisfacción pola aprobación deste mércores 29 de maio, na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, do informe do eurodeputado español Gabriel Mato, que rechaza o Acordo de Pesca entre a UE e Mauritania nas condicións actuais por considerar lesivo para os intereses de nosos pescadores.
“Estamos ante unha moi boa noticia que pode confirmarse próximamente cunha votación similar no Pleno, o que conlevaría o rechazo a un acordo de pesca que o Goberno español rechazou dende o primeiro minuto”, sinalou o deputado popular.
Joaquín García Díez agradece ó eurodeputado Gabriel Mato todo o traballo realizado en defensa dos intereses de España e do sector pesqueiro.