Burela, 30 de maio de 2013. O salón de actos do Concello acolleu a entrega de diplomas aos asistentes aos cursos de formación de desempregados, que tiveron lugar no terceiro cuadrimestre de 2012. Foros 60 os alumnos e alumnas que acudiron a operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, atención especializada a enfermos de alzheimer e auxiliar de enfermería e xeriatría. Realizaron a entrega de diplomas o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, o concelleiro de Emprego, José Casas, e o xefe territorial da Consellería de Traballo, Alberto Linares.
O rexedor sinalou que “foron un total de 60 persoas as que participaron en catro cursos distintos con duración variada e confiamos en que gran parte deles consigan inserirse no mundo laboral”. González Barcia lembrou que “para facer posibles estes catro cursos, que se levaron a cabo no último cuadrimestre do ano pasado, conseguimos unha achega da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, de aproximadamente 175.000 euros”. E subliñou que “os títulos que teñen as persoas que fixeron os cursos son perfectamente homologados e contan con certificación de profesionalidade”.
José Mª González Barcia agradeceu “a presenza aquí hoxe do xefe territorial da Consellería de Traballo, Alberto Linares, que tivo a delicadeza de acercarse a Burela para facer a entrega destes diplomas. Nosoutros vamos continuar nesta liña, porque entendemos que é positivo para axudarlle ás persoas que están nesta situación difícil e complicada como é a de desempregado”.
O alcalde burelés indicou que “nosoutros temos dúas liñas de actuación con desempregados aparte da posible contratación de persoal a través dos plans de cooperación da Xunta de Galicia. As outras dúas liñas teñen que ver coa formación, por un lado, e coa información, por outro. No lado formativo o Centro de Formación Ocupacional desenvolve tarefas importantes, como xa se sabe: levamos a cabo eses catro cursos o ano pasado e agora mesmo estamos na última fase do obradoiro de emprego para persoas que atenden a enfermos de alzheimer, no que participan 15 persoas, neste caso cun investimento de aproximadamente 130.000 euros”.
“Temos outro apartado, que é o informativo a través do servizo de emprego que ten o propio Concello. Aquí estamos en contacto con empresas, ultimamente temos bastantes reunións co mundo empresarial, temos tamén bastantes xuntanzas coas empresas de traballo temporal, encamiñadas todas estas reunións a buscar o maior número de desempregados posible que poidan conseguir traballo. Neste sentido estamos agora mesmo elaborando a documentación para solicitarlle á Xunta subvencións para a contratación de persoal no marco do plan de cooperación que ten establecido cos distintos concellos galegos. E confiamos en que as nosas peticións sexan atendidas na súa maioría”, manifestou José Mª González Barcia esta mañá.
O rexedor dixo que “é unha mágoa que a Deputación Provincial de Lugo non teña aberta unha liña semellante ás Deputacións de Pontevedra ou de A Coruña, que anualmente elaboran un plan de emprego, fundamentalmente xuvenil, para precisamente paliar os efectos desta lacra que nos ven afectando desde hai xa anos”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



