A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, inaugurou este xoves a 6ª edición da Feira Fademur, organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres do Rural en colaboración coa institución provincial. A Vicepresidenta -que estivo acompañada pola Concelleira lucense, Sonia Méndez; a Presidenta de FADEMUR, Rosa Arcos; e o Secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García- subliñou que “esta iniciativa é un espazo para dar a coñecer o traballo das mulleres emprendedoras que estableceron os seus negocios no rural. Trátase dunha clara aposta pola muller e polo rural, en definitiva, polo futuro desta provincia”.
Méndez destacou a importancia de colaborar con este tipo de eventos, “que contribúen a impulsar os produtos autóctonos de calidade, así coma o trascendente traballo destas e de todas as mulleres que apostaron no seu momento polo rural, unha decisión clave na loita contra o despoboamento, sendo testemuñas de que o rural ofrece innumerables oportunidades de crecemento económico”. A Vicepresidenta felicitou ás participantes, “algúns exemplos das moitas mulleres que, combinando tradición e modernidade, loitan pola dignificación do noso agro”.
Pola súa banda, Sonia Méndez remarcou o feito de que o Concello lugués, con 54 parroquias e 300 núcleos de poboación, sexa escenario desta mostra, agradecendo á Deputación e á FADEMUR esta elección. Rosa Arcos tamén deu as grazas ó organismo provincial, “en especial a Lara por crer e compartir o noso proxecto”, e a Unións Agrarias, “porque co voso apoio facedes que as mulleres do rural sexamos máis forte e visibles”. Roberto García reivindicou que “en época de crise non podemos permitir recortes para quen máis o necesitan, para as mulleres, que son a esencia de vida das nosas aldeas e dunha provincia eminentemente rural como Lugo”.
19 emprendedoras procedentes de toda Galicia
Na carpa instalada na céntrica praza de San Marcos, os lucenses e visitantes poderán mercar variados artigos de artesanía e alimentación feitos por mulleres de toda Galicia e, por primeira vez, doutras Comunidades. As máis de 20 participantes nesta edición, 6 proceden de Lugo; 2 de Ourense; 4 da Coruña; 1 de Pontevedra; 4 da Rioxa; 2 de Cantabria e 1 de Castela León. Nos stands habilitados para á venda, dos que disporán de xeito totalmente gratuíto, porán á venda produtos de alimentación coma doces, queixos, viño, embutidos, así coma castañas e os seus derivados; e pezas de xoiería, cestería, téxtil, decoración, coiro e olería.
Coma novidades deste ano, a programación completarase con actividades paralelas para o público e as participantes: degustacións gratuítas dos produtos postos á venda; exposicións fotográficas sobre os procesos de traballo destas mulleres; demostracións en vivo e obradoiros nos que se abordarán novos xeitos de comercialización serán algunhas delas.
A mostra Fademur permanecerá aberta ata o vindeiro día 9 de xuño en horario continuado de 11:00 a 21:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



