SANTIAGO.- O presidente da Xunta avanzou que o Consello da Xunta de mañá aprobará “a maior baixada de impostos” para a adquisición de vivenda, unha medida que suporá unha rebaixa do 50% do imposto autonómicos de actos xurídicos documentados e do imposto de transmisión patrimonial, e que beneficiará aos mozos menores de 35 anos e ás familias numerosas.
“Estas son políticas económicas”, aseverou o titular da Xunta ante o Pleno da Cámara remarcando que o compromiso do Goberno que preside non é outro que atender aos intereses xerais dos galegos e das galegas. “Nós non temos máis compromisos que os intereses xerais. Ningunha dúbida. Non atopará en ningunha decisión deste Goberno nin deste presidente ningún outro compromiso que os intereses xerais de Galicia”, afirmou Feijóo ante a pregunta formulada polo voceiro do BNG.
Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico explicou que “cumprirá o programa electoral” e lembrou que levan tan só 30 días gobernando e, sen embargo, xa presentaron dúas medidas económicas por semana. “Levamos catro semanas gobernando, dúas medidas económicas por semana, reducindo un 25% o número de consellerías, e nun 50% o número de altos cargos e facendo fronte a medidas urxentes e efectivas no brote da gripe A”, remarcou o presidente galego.
Aludiu ademais a que á súa chegada á Xunta “enchemos o baleiro da Lei do litoral que vostedes nos plantexaron” –dixo dirixíndose ao líder do PSdeG-, “paralizamos máis de 10 millóns de euros en edificios administrativos para dar ao sector; paralizamos o desmoronamento do sector lácteo con 70 millóns de euros inxectados directamente; aprobamos o maior plan de reactivación de compra de vehículos de España; e así sucesivamente durante cada unha das catro semanas nas que levamos gobernando”, concluíu o presidente da Xunta ao respecto.
Incumprimentos do bipartito
Fronte a isto, o xefe do Executivo autonómico lembrou a herdanza deixada polos catro anos de Goberno bipartito, salientando que, no primeiro trimestre de 2009, cando gobernaban socialistas e nacionalistas, a economía galega entrou “en recesión”, ao rexistrar un -2,1% de crecemento. “Era vostede, señoría, o conselleiro da recesión, o Goberno da recesión económica”, espetou Feijóo ao responsable do PSdeG.
Na mesma liña, fixo un relatorio dalgúns dos incumprimentos do bipartito: o traslado da Consellería de Pesca a Vigo; o AVE do Eixo Atlántico no 2007; o AVE programado para a Meseta no 2009, 2010 e no 2012; a supresión de altos cargos, a implantación do servizo de quirófanos 24 horas; a ampliación da Rede Natura, as directrices de Ordenación do Territorio ou a Lei do litoral.
O presidente galego tamén insistiu en que o anterior Executivo autonómico deixou a Galicia e aos galegos cun burato de “1.200 millóns de euros” e acusou aos socialistas de ser “especialistas en eufemismos”. “Cando estabamos en plena recesión vostedes chamábanlle desaceleración; cando había que mandar auga a Cataluña, en vez de chamarlle transvase chamábanlle transferencia entre concas; e agora, cun burato de 1.200 millóns de euros que equivalen ao 10% da totalidade do presuposto, vostede –dixo en alusión ao PSOE-, chamárono onte desaxuste nas previsións”.
Feijóo proseguiu criticando ao grupo socialista por seguir instalado no “eufemismo” e por negar que este desfase orzamentario é, en realidade, un burato de 1.200 millóns de euros. “Eu nunca xoguei ao golf nin me gusta, pero a Xunta de Galicia parece un campo de golf e levamos xa o burato 18 contado”.
O máximo mandatario autonómico insistiu en que o Goberno que preside lle dixo “a verdade económica ao país” e salientou que “as contas de Galicia non son do Goberno senón dos galegos e das galegas que teñen dereito” a saber que o bipartito deixou un burato de máis de 1.200 millóns de euros.
“Estamos cumprindo o programa electoral”, remarcou o titular da Xunta que volveu incidir no incumprimento das promesas de Goberno do bipartito ao que lle reprochou que “a súa grande promesa” de crear emprego dera como resultado 53.367 parados máis. “¿Por qué non admitimos que fracasaron completamente na totalidade da súa política económica?”, preguntou Feijóo dirixíndose ao secretario xeral do PSdeG.
Polo que respecta ao voceiro do BNG, o presidente da Xunta criticou a súa actitude por apoiar “catro anos ininterrompidos a dous gobernos” e “ao final -dixo en alusión a Carlos Aymerich-, non se sabía realmente a quen apoiaba vostede”. Así mesmo Feijóo lembrou o incumprimento do anterior Executivo de que Galicia fose a primeira comunidade autónoma en pagar as axudas da Lei de dependencia. “Vostede sabe que somos a última comunidade e ademais sabe que deixaron 80 millóns de euros sen orzamentar para poder pagar a Lei de dependencia que vostedes durante catro anos insistían en que todos cobraban e agora resultan que a inmensa maioría non cobra”, apostilou.
“Vostedes comprometeron 25.000 vivendas de protección e non hai as 25.000, nin as 20.000 nin as 15.000”, engadiu o presidente da Xunta lembrándolle ao voceiro do BNG que un dos seus compromisos tamén era a transparencia que non se viu reflectida no concurso eólico que o propio presidente do grupo parlamentario socialista cualificou como “cheo de irregularidades e prevaricacións”.
“Creo que vostede está perdido. Non sabe nin onde está nin cara á onde vai”, espetou Feijóo criticando que o grupo do BNG respalde “de forma indiscutible a política económica do Goberno de Madrid”, que onte mesmo apoiase as propostas de resolución “que significan deixar sen datas nin prazos o tren de alta velocidade a Galicia” e que, sen embargo, non fose capaz de pactar do Goberno do Estado unha proposta de resolución que incluíse os 80 millóns de euros da Lei de dependencia que lle faltan á Comunidade autónoma galega.
“Pactan vostedes un prazo desdibuxado do tren de alta velocidade e non pactan o diñeiro que lle falta á Lei de dependencia”, recriminoulle Feijóo ao voceiro do BNG preguntándolle se esa é a “política real do que quere facer o seu partido” e ironizando con que o BNG, “cada 18 ou 20 quilómetros di unha cousa”, en función da cidade na que estea”, sinalou.
Preguntado pola elección do que será o próximo director da CRTVG, Feijóo recordou que o seu Goberno presentou ao PSdeG catro candidatos, dos que esta formación política seleccionou un, con quen “tanto o presidente do grupo socialista como eu mesmo nos entrevistamos”, concluíu.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



