O Valadouro, 12 de xuño de 2013.- O Partido Popular do Valadouro censura a actitude cínica do actual alcalde, o socialista Edmundo Maseda, que “primeiro é responsable de crear un problema e despois ten a cara dura de lamentarse nos medios de comunicación”.
Os populares lembran que a negativa de PSOE, Udival e BNG a aprobar os orzamentos municipais limitaba moito gobernabilidade municipal que non podía nin contratar novo persoal, nin facer fronte a algúns abonos, como era o caso das pagas extra. Desde o PP sinalan que levaban todo un ano loitando para aprobar unhas contas pero que as forzas da entonces oposición non tiñan nin vontade de negociar, nin ofrecían alternativa algunha e eses orzamentos: “todo era dicir que non”.
EGOISMO POLÍTICO E AMBICIÓN PARTIDISTA
O PP asegura que a pesar de que este é un concello saneado, xa que dispón dun remanente de tesourería e incluso de superávit, o bloqueo aos orzamentos dificultaba enormemente, cando non impedía, facer fronte a novas obrigas, entre elas as pagas extra. “Esa foron as razóns polas que presentamos unha moción de confianza supeditada á aprobación do orzamento. Pero deben saber, os funcionarios tamén, que a crítica situación da que agora este señor parece lamentarse é responsabilidade exclusiva súa, e do seu egoísmo político e ambición desaforada. Puxeron por diante os seus intereses partidistas aos dos seus veciños”.
Os populares negan ademais que o concello estivera desatendido “ao contrario” o propio exalcalde non tiña problema algún de poñerse ao fronte dalgúns servizos, “ou de coller a pala, cando había falta de persoal”, motivada pola imposibilidade de contratar a novos traballadores como consecuencia do bloqueo aos orzamentos municipais.
ACTA DO PLENO
Por outra banda, o PP fixo público a copia da acta da última sesión plenaria, na que tivo lugar o debate e votación da moción de censura. Este documento reflicte o compromiso, hoxe incumprido, da portavoz de Udival, María José Fernández, de facer público o documento do pacto e de xeito literal indica: <<(María Jose Fernández) “di a todo veciño de Valadouro que este interesado en coñecer o acordo e dende que poida achegarse a calquera deles e seralle facilitado>>.
Os populares acusan a concelleira de Udival de estar obsesionada con ocultar o contido do documento notarial, “ese que tiña previsto poñer no taboleiro de anuncios municipal” e lembran que en tan só sete días xa está cambiando de parecer. “Cóllese antes a un mentiroso que a un coxo” conclúen desde o PP, tras insistir que Maria Jose Fernández non dixo á verdade aos veciños do Valadouro facendo promesas que despois non ten ningunha intención de cumprir.



















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



