Ribadeo, 12 de xuño de 2013. Nova iniciativa que se desenvolverá ao longo dos vindeiros días dentro do programa Ribadeo Emprende. A actividade, que organizan as Concellaría de Desenvolvemento Local e Mocidade, denomínase Mira.Me e inclúe un curso para conseguir a nosa marca persoal, que se inicia mañá de 17 a 20 horas na Casa da Xuventude. Despois os asistentes elaborarán un guión para realizar o seu vídeo currículo, que gravarán cara o mes de setembro, e a fase final suporá que eses traballos se volquen nun blogue para a súa difusión a través das redes sociais.
O edil de Mocidade, Xavier Campos, lembrou que “o elemento central do Ribadeo Emprende é o apoio aos emprendedores, a todas aquelas persoas que están a buscar maneiras de saír adiante no entorno laboral neste tempo tan complexo e tan difícil que estamos a vivir, e que están a apostar pola innovación, pola formación e pola creatividade como fórmulas a partires das cales poder xerar oportunidades de emprego e de traballo”.
O concelleiro nacionalista dixo que “nós desde Desenvolvemento Local e desde Mocidade temos moi clara a liña de apostar pola xente nova e pola non tan nova, pero que sabe que hoxe en día compre singularizarse a partires deses elementos do talento, da innovación, da creatividade… e neste sentido o que poñemos en marcha nesta ocasión é este programa Mira.Me”.
Campos explicou que “esta nova iniciativa consta de tres partes. Unha primeira que estará centrada nun taller de elaboración dun branding persoal, dunha marca persoal, que permita aos participantes desenvolver unha marca propia para comunicar con máis éxito os seus proxectos”. Este curso comeza mañá, 13 de xuño, na Casa da Xuventude e seguirá os días 14, 20, 21, 25 e 26 de xuño. O concelleiro de Mocidade seguiu a contar que “despois haberá outra actividade para elaborar un vídeo currículo, porque tamén se entende que é necesario moverse no entorno virtual das novas tecnoloxías para ser capaz de chegar a máis persoas e para comunicar mellor aquelas ideas e propostas de traballo que facemos”. Os asistentes ao Mira.Me disporán dunhas titorías individuais sobre a guionización do vídeo currículo os días 27 e 28 de xuño. A gravación dos mesmos levarase adiante durante os meses de xullo e setembro.
Xavier Campos engadiu que “a última fase será a de difusión nas redes sociais deses vídeo currículos, das propostas de traballo que se xeren nestes talleres. O número de participantes será de 15 persoas. Os interesados/as en participar poden dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local e á técnica Mónica Barcia, para recibir e ampliar máis información desta iniciativa que da comezo mañá”.
O edil responsable de Mocidade dixo que “como Concello non renunciamos a apoiar e a facer aquilo que consideremos que vai ser positivo para abrir camiños e para abrir unha certa esperanza a persoas que teñen formación, coñecemento e talento, pero que se están a ver atrapadas nunha crise coa que nós estamos a ser moi críticos, sobre todo cos últimos motivos da mesma e con cómo se está a xestionar en contra das maiorías sociais e do conxunto da sociedade. Nós somos conscientes das limitacións que temos como Concello á hora de poder confrontar esa crise, pero non renunciamos a facer propostas que poden ser positivas para apoiar a persoas que teñen ideas, talento ou capacidade de innovación para saír adiante no campo laboral”.




















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



