Lugo, 13 de xuño de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 34 escolares de toda a provincia no certame de debuxo e redacción convocado con motivo do Día das Letras Galegas.
A esta fase final chegaron 126 debuxos e 106 redaccións que previamente resultaran gañadores nas respectivas fases locais desenvolvidas en máis dunha vintena de concellos. Ao respecto, cabe lembrar que este concurso está organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo en coordinación coas bibliotecas municipais da provincia.
A entrega de premios desenvolverase mañá, venres, ás 18.00 horas na Biblioteca Nodal de Lugo. Os galardoados recibirán cadansúa estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de publicacións. Os accésits están dotados con cadanseu diploma e lote de publicacións.
Os escolares premiados na especialidade de debuxo nas diferentes categorías foron os seguintes:
Categoría A (ata 8 anos)
Jimena Carreira Sempere.8 anos. Biblioteca Nodal
María Sánchez Villalba. 7 anos. Biblioteca de Lourenzá
María López Carnero. 8 anos. Biblioteca Nodal
Accésits:
Sara Álvarez Civeira. 7 anos. Biblioteca Nodal
Aroa Fernández Sáa. 8 anos. Biblioteca de Sober
Adrián Pérez Álvarez. 8 anos. Biblioteca de Barreiros
Categoría B (de 9 a 11 anos)
Paula Barreiro Rodríguez. 11 anos. Biblioteca Nodal
Patricia Rodríguez Dafonte. 10 anos. Biblioteca Nodal
David Rodríguez Jiménez. 11 anos. Biblioteca de O Saviñao
Accésits:
Ana Treitas Iglesias. 11 anos. Biblioteca Nodal
Iago López Méndez. 9 años. Biblioteca de Monforte
Categoría C (12 a 16 anos)
Martiño Pereira Camarero. 12 anos. Biblioteca Nodal
Alba Blanco Pardo. 15 anos. Biblioteca de Xermade
Nerea Rivas Trabadelo. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Accésits:
Guillermo Cruzado Martín. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Borja Corral López. 12 anos. Biblioteca Nodal
Polo que respecta aos premios de narración, acordáronse os seguintes premios:
Categoría A (ata 8 anos)
Aitana Gesto Rego. 8 anos. Biblioteca de Vilalba
Paula Enríquez Barcia. 8 anos. Biblioteca de Burela
Xavier Román Iriarte Álvarez. 6 anos. Biblioteca de Ribadeo
Accésits:
Jerom Moirón. 8 anos. Biblioteca de Lourenzá
Sara Rodríguez Rodríguez. 8 anos. Biblioteca de Monforte
Hector Fernández Otero. 8 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Categoría B (de 9 a 11 anos)
Yago Montero Gradaílle. 10 anos. Biblioteca de Burela
Javier Álvarez Méndez. 11 anos. Biblioteca de Lourenzá
Jorge Chapero García. 10 anos. Biblioteca de Ribadeo
Accésits:
Candela Ángela Neira Villares. 10 anos. Biblioteca Nodal
Antía Lillo Irimia. 9 anos. Biblioteca de Lourenzá
Categoría C (12 a 16 anos)
Miguel Casariego Cao. 13 anos. Biblioteca de Ribadeo
Lucía Amaro Losada. 14 anos. Biblioteca de Monforte
Irene Rico Gómez. 13 anos. Biblioteca de Burela
Accésits:
Sara Canto González. 14 anos. Biblioteca de Ribadeo
Andrea Santiso Arias. 14 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Irene Barreira Díaz. 15 anos. Biblioteca de Fonsagrada
Ánxela Jorge Vidal. 13 anos. Biblioteca de Sober.
O tema do certame era o de A toda máquina. O xurado da fase provincial estivo presidido polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Jesús Ramos Ledo, e integrado polos vogais Yolanda Gómez González, xefa do servizo de Coordinación da Área Cultural; Marisol González Regal, directora da Biblioteca Nodal de Lugo; Jaime Santoalla Varela, inspector xefe de Educación, e Manuel Gulín Rodríguez, pintor. Actuou como secretario o xornalista Xulio Giz Ramil.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



