Foz, 14 de xuño de 2013. O Concello de Foz está preparando as praias para telas xa en bo estado esta fin de semana, labor que realizan traballadores municipais. Para a limpeza dos areais serán contratadas 8 persoas, segundo explicou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen tamén anunciou que se farán varias melloras, entre elas a substitución das sombrillas de palla que hai na praia da Rapadoira. Ademais advirte aos bañistas que non hai servizo de socorrismo ata o día 1 de xullo, polo que pide precaución.
O rexedor municipal anunciou hoxe que dende o Concello de Foz “estase traballando intensamente para empezar a tempada estival coas brigadas municipais, posto que son os medios que temos a día de hoxe nas diferentes praias, como A Rapadoira ou Llas. Estanse preparando todos os areais para que nesta fin de semana xa podan estar nunhas condicións óptimas”.
Javier Castiñeira recorda aos usuarios que de momento non hai servizo de socorrismo “non só en Foz senón en todas as praias de Galicia e en moitas da cornixa cantábrica ata o 1 de xullo; polo tanto recomendo moita prudencia a todos os bañistas.”
O alcalde tamén comentou que o Concello “ten sacadas oito prazas de limpeza de praias e aviso a todos aqueles que queiran participar nese proceso de selección que poden informarse nas dependencias municipais, porque saíron onte as bases de contratación, hai cinco días para presentarse e despois faranse os exames para empezar antes do mes de xullo”.
Ademais Castiñeira deu a coñecer hoxe que van substituír as sombrillas de palla que hai nas praias progresivamente “para facer un pequeno cambio de imaxe e este ano vamos empezar na Rapadoira”.
“Esperemos que o verán arranque o antes posible e discorra sen incidencias, como o ano pasado, e que dentro das limitacións económicas que estamos tendo todos os concellos, e máis incluso o de Foz, podamos sacalo adiante. E estamos á espera dese plan de cooperación necesario para saber cantas prazas de socorristas podemos ofertar e sacar o concurso para que podan optar todos os interesados”, rematou o alcalde.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



