Cervo, 15 de xuño de 2013-O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, organizou un acto de recoñecemento ao C.D. San Román polo seu recen conseguido ascenso a Segunda Autonómica. Un acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o equipo ao completo, o técnico e a directiva do San Román e no que os responsables do Concello fixeron entrega de medallas conmemorativas ao conxunto cervense.
Un evento organizado polo Concello co obxectivo de “transmitir as nosas felicitacións ao San Román por una temporada excelente, na que loitaron ata o final e que tivo a súa mellor recompensa acadando un ansiado ascenso” tal e como asegurou o rexedor.
Villares destacou ademais que este logro foi posible grazas ao “esforzo, a entrega e a seriedade cos que o conxunto afronta cada partido” e lembra que o San Román leva “varios anos de duro traballo buscando este retorno á Segunda Rexional, e sempre quedando ás portas do ascenso por moi poucos puntos”. Por iso o rexedor valorou dobremente o éxito do San Román, “que nunca se deu por vencido e temporada tras temporada mantivo a ilusión”.
Ao mesmo tempo, o rexedor puxo de manifesto os seus mellores desexos para o equipo “de seguir colleitando éxitos e avanzar na súa escalada, agora cara á Primeira Autonómica”. Pola súa banda, os responsables do club aseguraron que o ascenso responde á unión entre xogadores, Xunta Directiva, afección e adestrador e a forte implicación de todos en cada encontro.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
