A Deputación de Lugo ofrecerá ata os mes de outubro a través do plan de emprego Fórmate en Verde 20 novas accións formativas sobre produción ecolóxica, que contan cun total de 450 prazas. As persoas interesadas en inscribirse, tanto nas ramas de gandería e agricultura ecolóxica, como na de xestión forestal sostible, poden facelo na páxina web do organismo provincial www.deputacionlugo.org onde tamén poden atopar toda a información sobre esta iniciativa. O prazo estará aberto ata que se acaben as vacantes. Hai tres modalidades: presencial, on line e mixto.
Dende que arrancou este programa, no mes de marzo, formáronse xa en produción ecolóxica 160 veciños de toda a provincia, a maioría deles desempregados, e na actualidade outras 200 persoas están a facer estes cursos gratuítos, cos que o organismo provincial abre novas oportunidades de inserción laboral nos empregos con máis futuro.
A Deputación descentralizou as accións formativas en función do peso específico de cada rama obxecto do programa nas comarcas lucenses. Deste xeito, a vinculada á xestión forestal impártese na Mariña, unha zona que concentra o 30% das empresas lucenses dedicadas ó sector da madeira.
Seguindo este mesmo criterio, as actuacións vinculadas á gandería ecolóxica teñen lugar na zona centro da provincia, dado o importante número de explotacións de carne ou leite coas que contan os concellos das comarcas de Lugo, Terra Chá e A Fonsagrada. Cada municipio conta con entre 400 e 1.000 explotacións. O centro de referencia da formación é a Granxa Gayoso Castro.
Polo que respecta á agricultura ecolóxica, as accións desenvólvense na Zona Sur, tendo en conta que nas comarcas de Chantada ou Lemos a superficie dedicada ó cultivo é de entre o 30 e o 50%, e que Monforte alberga a sede do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Neste caso, o Pazo de Tor será o centro de referencia.
O programa está dirixido a desempregados, emprendedores, mozos, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia, excepto os censados no Concello de Lugo, pois son destinatarios doutros programas europeos.
As seguintes fases
Unha vez concluída esta primeira fase de formación teórica do Fórmate en Verde, financiado nun 80% pola Unión Europea a través do proxecto de economía medioambiental Lug02, os participantes farán visitas guiadas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal; e, posteriormente, recibirán asesoramento técnico especializado para reconverter a súa explotación, diversificar a súa actividade ou ben poñer en marcha unha nova empresa. O acompañamento ós promotores será continuo, dende a mesma concepción da idea, ata a súa saída ó mercado. Terán ademais á súa disposición unha canle de comercialización: a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación que conta hoxe con 100 empresas e 800 produtos e servizos.
Con este plan, a Deputación potencia unha actividade que se está a revelar como unha alternativa sólida para saír da crise na provincia de Lugo, sobre todo para a xente nova. Así o indican os datos do Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), que, no seu balance do pasado ano 2012, confirma a Lugo como a primeira provincia de Galicia en volume de facturación, con 9,34 millóns de euros, e a segunda –despois de Ourense-, en cantidade de hectáreas, con máis de 6.400.
Tamén pon de relevo as grandes expectativas de crecemento do sector o feito de que, dende comezos da crise, en 2007, a facturación subiu un 20% ó ano en Galicia. Disparouse ademais o número de hectáreas dedicadas á agricultura orgánica, medrando un 90% na última década, así como a cantidade de operadores, pasando dos 217 do ano 2003 ós 607 inscritos no CRAEGA ó peche de 2012, o que supón un incremento do 64%.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



