Lugo, 1 de xullo de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, recibiu, esta mañá, no Museo Provincial de Lugo aos artistas participantes no programa Estudio Aberto, unha iniciativa que se organiza dentro do proxecto Enredarte e que enmarca conceptos como a experiencia, a visibilidade e o compendio crear-compartir-participar. No acto tamén estiveron a xerente da Rede Museística, Encarna Lago; a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro; e a coordinadora do programa, Paula Cabaleiro.
Mediante dúas residencias artísticas, 12 artistas seleccionados rigorosamente por un xurado de profesionais da arte, convivirán nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto. Neste sentido, Mario Outeiro precisou que “os visitantes atoparán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos, un espazo vivo, dinámico, en constante cambio, contedor de experiencias compartidas, que tomarán o público como axente activo das obras. Todo un proceso que culminará na montaxe dunha exposición colectiva coas obras resultantes”.
Reme Remedios, Senén Olano, Ruth Montiel, Gema López, Isabel Alonso e Lomarti son os artistas que formarán parte da Residencia Artística I. Para acadar un proceso enriquecedor, tanto para artistas como para público, fíxose unha selección de artistas totalmente heteroxénea en canto a idade, formación, disciplina, orixe xeográfica, conceptos e vías de traballo, de maneira que vídeo, pintura, instalación, escultura, performance, debuxo, deseño e fotografía compartirán espazo, xerando sinerxias e colaboración.
Durante a primeira semana de xullo os creadores desenvolverán o traballo colectivo no espazo e presentarán os seus proxectos. A maiores, o 3 de xullo, terán unha vídeo-conferencia con Ricard Monistrol; o día 4 realizarán unha saída a A Coruña, con visita á exposición Té con madalenas e á Fundación María José Jove, mentres que o día 5 terán unha charla coa comisaria independente Amabel González. Durante a segunda semana de xullo, estes seis artistas procederán á realizar a montaxe da exposición, que se inaugurará o día 11 e que estará aberta ao público ata o 28 de xullo.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



