Barreiros, 11 de xullo de 2013. O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros celebrou o pasado 6 de xullo a asemblea anual na cal saiu elexida unha nova Xunta Directiva formada tanto por persoas pertencentes á anterior así como por novas incorporacións. A recén escollida Directiva está composta por Sandra Novo Rivas, Xela Fernández Agulleiro e Ramón Casas Oroza nos cargos de vogais, e mantéñense Camilo Friol Piñeiroa como secretario, Ana Ermida Igrexas que pasa a ocupar o cargo de tesoureira e Tamara Rubiños Varela como presidenta.
Ollomao escolleu “o rural barreirense” como liña de traballo para este 2013, coa finalidade de dar a coñecer e pór en valor os recursos existentes na zona rural de Barreiros e zona interior do concello, xeralmente moito menos coñecida que a zona costeira. Gran parte das actividades aprobadas na citada asemblea e a realizar no calendario restante deste ano foron deseñadas de acordo á liña de traballo escollida, e súmanse ás xa presentadas e a desenvolver durante os meses de Xullo e Agosto. Unha delas corresponde á III Edición do Certame Fotográfico “Enfocando Barreiros”, que leva por tema “O rural barreirense”. Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo ata o 31 de Agosto de 2013 seguindo as bases publicadas no blog do colectivo: http://www.blogoteca.com/ollomao/.
Outra das actividades deste verán é a posta en marcha dun Obradoiro de teatro infantil. A actividade será impartida por Noela Fernández, mestra de primaria e Roberto Casas, educador social, ámbolos dous con experiencia previa de participación en actividades de teatro, e contará coa colaboración da actriz barreirense Estíbaliz Veiga. Este obradoiro dará comezo a partir da vindeira semana e ao redor dunha vintena de nenas e nenos van tomar parte no mesmo.
Creación dunha Universidade Rural e Mes do Teatro en Novembro, algunas das actividades dos próximos meses.
O Colectivo Cultural Ollomao leva varios meses traballando nun proxecto innovador que, previsiblemente, verá a luz en outono e se estenderá ata finais de ano. Consiste na creación dunha “Universidade Rural”, un proxecto que nace dun dobre interese: por un lado, dar vida e volver utilizar as escolas das parroquias barreirense para o mesmo fin para o cal foron creadas, é dicir, a transmisión de coñecementos; e por outra banda, tratar de achegar á veciñanza do rural un catálogo de cursos sobre coñecementos básicos naquelas disciplinas ou saberes que, polo xeral, son só impartidos nos centros de ensino superior e/ou universitario das áreas urbanas. Con esta iniciativa, Ollomao pretende dar ás veciñas e vecinos da contorna, a oportunidade de obter coñecementos básicos como o dereito, a economía ou a sanidade, entre outros, non para a capacitación profesional senón para a capacitación persoal, e que axuden á persoa no desenvolvemento do día a día.
Por outra banda, visto o éxito que está a colleitar o recén estreado grupo de teatro de Ollomao coa peza “Os vellos non deben namorarse”, este colectivo prevé a realización de varias actividades en torno ao teatro para o mes de Novembro. A idea desta iniciativa parte da intención de levar o teatro a todos os puntos da xeografía barreirense e combinará a posta en escea de varias obras de grupos aficionados en distintas parroquias de Barreiros, coa presentación de pequeñas pezas nos bares do concello.
Finalmente, quedaron tamén aprobadas actividades de continuidade como as Xornadas de Historia Local e a Visita do Apalpador para o mes de Decembro, que xa se viñan realizando ano tras ano.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



