Cervo, 11 de xullo de 2013-A Concellería de Educación, que dirixe Pilar Armada, informa de que xa arrincaron as actividades do Plan de Redución do Abandono Escolar do Concello de Cervo. Unha iniciativa completa, que inclúe numerosos programas pensados para tramos de idade e colectivos variados. Ao mesmo tempo, a delegación tamén quere facer un chamamento á mocidade para que se siga inscribindo xa que aínda se poden incorporar a calquera das actividades. Para informarse e inscribirse, os mozos e mozas poden poñerse en contacto coa Casa da Cultura, no 982 59 51 57, ou no teléfono 666 38 78 50.
En concreto, o plan divídese en tres programas: Recuper@, Reaccion@ e Rengánch@te, e cada un deles ten uns obxectivos. Recuper@ é unha iniciativa dirixida aos alumnos de 3º e 4º da ESO e PCPI coa que se pretende axudar aos mozos e mozas a adquirir técnicas e pautas de estudo para mellorar o rendemento escolar e ao mesmo tempo motivalos a continuar coa súa formación académica. Ademais, complementarase con clases de apoio aos rapaces de cara á preparación dos exames de recuperación de setembro.
En canto ao programa Reaccion@, está formulado para mozos e mozas de 16 a 24 anos que abandonaron os estudos, polo que neste caso o obxectivo é contribuír a que atopen unha saída profesional atractiva e adaptada ás súas necesidades e preferencias e, ao mesmo tempo, encamiñalos de novo cara a formación.
Existen tres actividades diferentes: Restauración e “tuneado” de mobles, customizado de roupa e complementos, e agricultura ecolóxica e sostible. Cabe destacar que os tres obradoiros compleméntanse cunhas nocións de comercio electrónico e tradicional co obxectivo de amosarlles aos mozos as moitas posibilidades que ofrece a Internet como medio para facer negocios e comercializar produtos moi diversos así como que coñezan a fórmula das cooperativas como opción viable. En todo caso, trátase de tomas de contacto con estes oficios alternativos que non pretenden substituír ningún tipo de formación, senón que a mocidade vexa que existen multitude de saídas profesionais máis alá das habituais.
A terceira das iniciativas, Rengánch@te, créase como un punto de apoio e orientación ás familias no que se inclúe a Escola de Familias, un lugar de encontro para pais e nais no que compartir experiencias e buscar solucións aos problemas máis cotiáns en relación coa educación dos seus fillos. Ademais, está previsto habilitar un servizo de información e tramitación das bolsas do Ministerio de Educación en canto abra o prazo de solicitude.
A edil de Educación cualifica de “innovador” este plan para loitar contra o fracaso escolar xa que “busca axudar tanto a mozos como familias e no que se atenden os distintos problemas e situacións nos que se poden atopar os mozos desmotivados, tanto nos seus estudos como no seu futuro laboral”. Polo tanto, Armada convida á mocidade e a pais e nais a implicarse neste plan e participar nestas actividades gratuítas para as que o Concello solicitou tamén unha subvención á Consellería de Educación.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



