O Grupo Provincial Popular achega documentación sobre a denuncia efectuada con respecto das irregularidades detectadas en relación cun traballador, persoal eventual da administración provincial, que prestaba os seus servizos na sede do BNG de Foz.
Os populares achegan documentos que proban os seus argumentos en relación á valoración feita polo voceiro nacionalista, Mario Outeiro. Nesa liña, explican que “calquera pode comprobar a corrección de erros no Boletín Oficial da Provincia que aparece publicada na páxina 4 do BOP do xoves 11 de xullo de 2013” a través do seguinte enlace: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8354_1.pdf#PAGE=4
Polo tanto, manteñen as acusacións manifestadas na xornada deste xoves 11 de xullo sobre o Goberno da Deputación de Lugo que “pretende agochar baixo unha corrección de erros a moi probable situación fraudulenta, denunciada nas pasadas datas, do asesor que cobra do ente provincial pero traballa na sede local do BNG de Foz”.
Os populares fixeron público o Decreto aprobado pola Presidencia da Deputación e asinado con data 17 de xuño de 2013, polo que o Goberno bipartito corrixe o nomeamento de Xoán Antón Estua como persoal eventual adscrito a un área de Goberno provincial (a de Cultura, Turismo, Ensino e Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico) e decide adscribilo agora ao Grupo Provincial do BNG.
REITEGRO DOS SALARIOS PERCIBIDOS
Desde o PP xa adiantan que esixirán o reintegro dos salarios indebidamente percibidos por esta persoa que formalmente traballaba para un área de goberno da administración provincial, pero “o facía en realidade para o seu partido, como era público e notorio, limitándose a funcións estritamente partidistas”.
O Partido Popular cuestiona ademais que “esta corrección de erros con dous anos de atraso teña algún sentido, salvo o de recoñecer que esta era unha situación como mínimo irregular, e que incluso podería ter relevancia xurídica, polo que non descartan trasladar os feitos á Fiscalía”.
“O Goberno bipartito provincial tería incorrido ademais nun abuso das súas competencias, extralimitándose nas súas funcións normativas, para encubrir unha posible fraude moito maior: agochar que unha persoa que cobra da Deputación e percibía un salario por formar parte da área de goberno e traballa en realidade, como é público e notario, para o BNG e na sede que os nacionalistas teñen na localidade de Foz”, explican os populares.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



