Riotorto,13 de xullo de 2013. O Bloque Nacionalista Galego deu comezo, na tarde deste venres 12 de xullo, na Casa da Cultura de Riotorto, aos actos da campaña de preparación do Día da Patria Galega, que teñen como obxectivo mobilizar ao conxunto da sociedade da Mariña de cara á manifestación do 25 de xullo en Santiago de Compostela, así como planificar a base do nacionalismo e someter a debate e análise o actual momento político, definido por unha xestión da súa economía que beneficia aos grandes capitais e perxudica ás maiorias sociais.
Durante o acto, o alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, sinalou que “a presenza do BNG nos gobernos locais responde á necesidade de darlle solucións aos problemas dos veciños e das veciñas. A día de hoxe, estamos vendo que co actual marco lexislativo e coa reforma da Administración Local que pretende por en marcha o Goberno do Estado, asi como co actual sistema de financiamento, para as administracións locais non é viable o sevizo que están prestando aos veciños e veciñas”.
Neste sentido, o Bloque Nacionalista Galego demanda un novo sistema de financiamento para administración local. A dispersión xeográfica e o avellentamento da poboación son claves fundamentais que o sistema de financiamento vixente non ten en conta. Mesmamente, a proposta de reforma de Administración Local, significa unha involución en relación a unha normativa xa de por si reaccionaria, na medida en que establece como norma na xestión de servizos nos concellos a vía da privatización, a través da cal se benefian as persoas con máis ingresos. “É hora de confrontar, nas institucións pero tamén na rúa, a involución que se ven encima xa que os dereitos que hoxe estamos perdendo so se poderán recuperar mediante a loita”, precisou Estoa.
No acto tamén tomou a palabra o histórico dirixente nacionalista, Bautista Álvarez, fundador das primeiras organizacións nacionalistas na clandistinidade, fai máis de cincuenta anos, e persoa a quen lle correspondeu restaurar o Día da Patria Galega como hoxe se coñece, en pleno Franquismo, no ano 1968.
Bautista iniciou a súa intervención lembrando as orixes desta data e a significación da mesma neses primeiros anos coa ditadura franquista. Neste senso explicou que “o día da Patria Galega non define en tanto os seus obxectivos políticos cos que estariamos marcadas aquelas persoas que recuperamos a xornada en pleno Franquismo, partiamos de que Galiza era unha nación sen dereitos políticos propios e, a día de hoxe, segue sendo unha nación e segue a carecer dos dereitos políticos que lle son propios.Trátase de seguir a reivindicar a soberanía de Galiza, a constitución dun Estado Galego”.
O fundador da UPG e BNG, referiuse “á necesidade de dotar a Galiza de soberanía non por unha cuestión de orden identitario vinculado aos valores diferenciadores do noso pobo como son a lingua galega e a cultura, senón á consecución da soberanía como unha necesidade material e vital. A Galiza vaille a vida en contar con institucións do Estado que permitan defender os nosos sectores económicos e permitan poñer en marcha políticas de desenvolvemento endóxeno, que saquen á nosa nación do atraso no que se atopa. A particular forma de dependencia de Galiza implica un sistema de subdesenvolvemento do que só é posíbel saír cunhas políticas distintas ás actuais. Non é coincidencia que o declive demográfico e económico sexa contemporáneo no tempo á perda de soberanía política”.
Xa por último, Bautista Álvarez, que convidou aos presentes a participar na manifestación do vindeiro día 25 de xullo en Compostela, incidiu en que “unha Galiza Soberana, isto é, unha Galiza cun goberno coa capacidade de exercer como tal e coas competencias que lle son propias a unha estrutura de Estado, sería quen de remitir as quendas que separan aos galegos do Estado e de Europa, e conseguir que o noso sistema produtivo se vinculase ás necesidades do país, co desenvolvemento de sectores como o agro ou a pesca, e non vinculados aos ciclos de capital, como o da edificación da segunda vivenda”.
“Non estamos demandando nada que o noso pobo non reclame, simplemente tentamos converter as ideas en realidade. Esta, a nosa loita, é a mesma que iniciaron os nosos devanceiros nas Irmandades da Fala ou no Galeguismo, ideas de Bóveda e Castelao, a demanda dun estado propio para a nosa Nación que xa está presente desde a I Asamblea de Lugo de 1918”, concluíu Bautista.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



