A Deputación comezou este luns 15 de xullo a segunda fase do plan de roza na rede viaria provincial, arrancando estes traballos nos Concellos de Guitiriz, Begonte, Rábade, Cospeito, Outeiro de Rei, Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Becerreá, Baleira, Navia de Suarna, Paradela, Portomarín, Sarria, Láncara, O Páramo, Monforte de Lemos e Pobra de Brollón. Estes 21 municipios súmanse así ós outros 25 onde xa comezaran estas tarefas.
Da mesma forma, o martes 16 de xullo, incorporaranse ó plan os Concellos de Baralla, Cervantes, As Nogais e Triacastela. A Deputación ten disposto para este plan de roza un total de 70 operarios e 50 máquinas que, de xeito progresivo, irán actuando nos 67 Concellos lugueses polos que discorren os 4.300 quilómetros de vías provinciais.
Para desenvolver o plan de roza, a Deputación contratou estas actuacións a 23 autónomos e pequenas empresas da provincia, precisamente, para potenciar os seus negocios, contribuíndo ó impulso da economía e ó mantemento de postos de traballo en Lugo ante a crise.
Os traballos de roza das estradas deron comezo a principios deste mes, xa que levar a cabo estes traballos con anterioridade, suporía segundo os técnicos da Deputación e tendo en conta as condicións metereolóxicas, a súa dobre execución. Como en anteriores anualidades, o organismo provincial pon en marcha estas actuacións na tempada estival co obxectivo de previr incendios e aforrar custes.
A Deputación inviste nestes traballos 600.000 euros, con cargo ós fondos provinciais que achega á conservación da que é a rede viaria provincial máis extensa de España.






















Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



