Foz, 17 de xullo de 2013. A reorganización da zona portuaria de Foz foi analizada hoxe nunha reunión celebrada na Casa do Concello focense coa participación do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán; do xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan; do alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; e de técnicos autonómicos e municipais. Despois da xuntanza o rexedor local afirmou que foi un paso importante e anunciou que o dragado da canle de acceso ao peirao rematará a vindeira semana.
“Falouse do novo plan de usos do porto de Foz, pois hai que cambialo xa que actualmente ten uns usos bastante ligados ao sector pesqueiro e vamos tratar de que se contemple toda esa actividade que se quere desenvolver despois desa reorganización, como equipamentos de zonas verdes, aparcamentos, zonas comerciais e de usos múltiples, aparte dos propios da náutica e da pesca, como pode ser unha mariña seca e a dotación de 400 prazas de amarre”, explicou Javier Castiñeira.
O alcalde anunciou que “o paso seguinte, e así hai o compromiso por parte de Portos de Galicia, é a contratación da elaboración dese plan especial de usos, que trataremos de incluílo tamén no planeamento urbanístico de Foz. A partir de aí o seguinte xa é a propia concesión administrativa desa actividade. Estanse dando os pasos administrativos necesarios para que no momento en que saia esa concesión se poda facer o antes posible esa obra solicitada para o porto de Foz”.
Ademais, os participantes na reunión visitaron a zona onde se está realizando o dragado da canle de acceso ao porto, que “acabará xa a próxima semana cun obxectivo cumprido, que é quitar máis de 30.000 metros cúbicos de area. Nótaselle moitísimo a canle, a confraría de pescadores deunos a noraboa persoalmente porque é unha moi boa labor”, destacou o rexedor municipal, quen tamén comentou que viron ademais outras obras realizadas no porto, como a beirarrúa construída fronte ao centro social.
“Polo tanto seguimos avanzando e quero facer un agradecemento tanto a Portos de Galicia como á Delegación de Costas en Lugo porque os pasos estanse dando como hai que facelo, en firme, para sacar esa concesión”, rematou Castiñeira.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



