A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, acompañada por Carlos Marina Soler; Martina Gandoy Fernández e Antonio Magariños Freire, en representación dos balnearios de Guitiriz, Lugo e Augas Santas e Pambre, respectivamente, presentou nun acto que tivo lugar este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a terceira edición de Termalismo no Camiño, o exitoso programa organizado pola institución provincial. Con esta nova convocatoria, a institución provincial lucense pon a disposición dos lucenses maiores de 50 anos un total de 1.200 prazas para acceder, entre os meses de agosto e decembro, ós tratamentos ofrecidos en catro balnearios da provincia: Augas Santas, Río Pambre, Romano de Lugo e Guitiriz. Estes sumaranse ós preto de 2.000 lucenses que xa desfrutaron das excelentes instalacións termais da provincia grazas ós descontos que ofrece o programa en diversos paquetes de estancias e tratamentos mineromedicinais.
Durante a súa intervención, Méndez subliñou que “os datos ofrecidos polo “Observatorio Nacional del Termalismo y Desarrollo Rural” avalan a consideración do turismo de saúde coma un importante elemento de promoción turística nacional e internacional, xunto co Camiño de Santiago”. O feito de que Lugo conte con balnearios situados ó pé dos Camiños Primitivo, Norte, Francés e de Inverno “é, polo tanto, un factor diferencial que non podemos desperdiciar, tendo en conta, ademais, que os balnearios son un perfecto exemplo de modelo de empresa sostible”, garantindo o futuro do recurso, fixando poboación grazas á creación de emprego local e “dinamizando a economía das zonas nas que se insiren, que son esencialmente rurais, coa afluencia de usuarios en calquera época do ano”.
Sector en auxe
O sector do turismo de saúde arroxa cifras moi positivas no 2013, “coma as preto de 150.000 persoas que cada ano visitan Galicia para beneficiarse da súa riqueza mineromedicinal, xa que conta con sete dos oito tipos de augas medicinais que existen, e que xeran unha facturación anual para sector duns 126 millóns de euros”. A Vicepresidenta destacou que grazas a este turismo desestacionalizado, os usuarios comen en restaurantes cercanos, coñecen o patrimonio natural e cultural das zonas próximas ós centros termais e tamén do resto da provincia, “co que contribúen a xerar riqueza noutros sectores”
“O sector termal da nosa provincia é un sector punteiro, moderno e de calidade, avalado por distincións coma a “Q” de calidade turística, polo que este programa non só está a impulsar a riqueza medioambiental da provincia, senón que pon a disposición dos lucenses un xeito sinxelo de acceder a tratamentos da máis alta calidade”, subliñou Méndez.
Descontos en 1.200 prazas
Termalismo no Camiño ofrece descontos para desfrutar de balnearios lucenses entre os meses de agosto e decembro dos seguintes paquetes de prestacións:
6 días con 5 noites de estancia
5 pensións completas
Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento
Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida
8 técnicas de balneario
1 recoñecemento médico á chegada
De luns a xoves: programa de animación sociocultural
As 1.200 prazas dispoñibles distribúense do seguinte xeito: 650 prazas en Oca Augas Santas Balnearios Golf&Resort; 450 prazas no Hotel Balneario&Golf Resort de Guitiriz; 100 prazas no Hotel Balneario Río Pambre e 30 no Balneario de Lugo Termas Romanas. Cada beneficiario poderá acudir cun acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os requisitos de ter máis de 50 anos e estar empadroado na provincia.
Inscricións
O prazo para presentar as solicitudes xa está aberto. Só se aceptarán as inscricións realizadas polas persoas interesadas, sen delegar en Concellos ou entidades, presentando no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo a documentación que poderán obter na web www.deputacionlugo.org, xunto cun certificado de empadroamento e unha fotocopia do DNI.
Unha vez seleccionados, os propios participantes, ou ben un familiar directo, deberán recoller na Deputación (Servizo de Relacións Institucionais) os bonos que presentarán no balneario seleccionado. Estes bonos tampouco se entregarán a ningún representante de Concellos, asociacións ou calquera tipo de entidade allea.
























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



