A Xunta de Goberno deste venres aprobou a adquisición de novo equipamento enerxético para Rábade, A Pontenova, Baralla e O Valadouro, sendo o 3º acordo marco para a contratación conxunta de servizos municipais que pon en marcha a Deputación dentro da súa aposta pola racionalización e optimización do gasto público para aforrar custes ós Concellos. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou que “son 2.545 os compoñentes enerxéticos, por exemplo lámpadas LED ou válvulas termostáticas, que instalaremos gratis nos alumeados públicos ou edificios municipais de ditas entidades locais, reducindo as facturas enerxéticas destes catro Concellos en 40.000 euros ó ano”.
Levarán 597 novos compoñentes enerxéticos á Casa Consistorial e ó CEIP Otero Pedrayo de Rábade; 1.017 ó alumeado público, ó Consistorio, e á Casa da Cultura da Pontenova; 361 ó alumeado público e ó Consistorio de Baralla; e 570 ó centro sociocultural Manuel Lourenzo, alumeado público e Consistorio do Valadouro.
A distribución deste material enerxético é froito do resultado das auditorías enerxéticas que a Deputación realizou a custe cero nos 37 Concellos do Club dos Renovables que de xeito voluntario decidiron sumarse a esta iniciativa, aforrando a cada entidade local os 10.000 euros que custan no mercado estes traballos ó asumilos dende a Axencia Provincial da Enerxía.
120.000 euros de aforro
Martínez explicou que “en base a estes traballos, puxemos en marcha, polo de agora, 3 acordos marcos, que nos permitiron contratar de xeito conxunto compoñentes enerxéticos para Abadín, A Fonsagrada e O Incio; Cervantes, Pol e Samos; e hoxe Rábade, A Pontenova, Baralla e O Valadouro. Nas vindeiras semanas, iniciaremos a instalación deste material, que permitirá unha redución anual nos gastos enerxéticos destes 10 Concellos de 120.000 euros”.
Paralelamente, a institución aprobará novos acordos marcos, para a adquisición conxunta de máis subministros eléctricos para os restantes 27 municipios adheridos a este proxecto. Estes son os seguintes: Quiroga, Negueira de Muñiz, A Pobra do Brollón, Monterroso, O Vicedo, Ribadeo, Palas de Rei, Sober, Portomarín, Láncara, Xove, Barreiros, Navia de Suarna, Riotorto, Pedrafita, Guitiriz, A Pastoriza, Castroverde, Becerreá, Ribas de Sil, Guntín, Friol, Meira, Sarria, Trabada, Monforte de Lemos e Viveiro.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



