Fronte ás afirmacións da Ministra de Emprego, Fátima Báñez, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, de que a reforma laboral conseguiu reducir o incremento do paro e de que se está a cumprir o obxectivo inicial, que eran crear emprego, a CIG reafírmase na súa denuncia de que esta reforma só serviu para precarizar o mercado laboral e proporcionar man de obra barata á patronal. Após ano e medio da súa entrada en vigor, a central sindical entende que esta reforma non só non axudou á creación de emprego, senón que, pola contra, provocou un aumento dos despedimentos por causas obxectivas; facilitou que se cambiase o traballo fixo por temporal; fixo diminuír os salarios; supuxo un ataque sen precedentes á negociación colectiva e, polo tanto, mudou traballo con dereitos por outro en precario.
Manifestación contra a reforma laboral.
A CIG denuncia que pese a que o goberno enmarcou a reforma laboral dentro dun conxunto de medidas postas en marcha como suposta reacción á crise, o que supuxo foi un durísimo ataque ás condicións de vida da clase traballadora, un escoramento do estado aos intereses do capital, un ataque frontal ao traballo, e un recorte nos salarios das traballadoras e dos traballadores.
Así, tal e como amosan os datos da Enquisa Anual de Custe Laboral publicada polo INE, o custo neto total por traballador/a baixou preto dun 3,3% en Galiza (caendo até os 26.506,63€), mentres que no conxunto do estado español caeu un 0,7€% (30.667,43€).
A reforma laboral non só non puxo freo aos despedimentos, senón que supuxo un aumento de máis do dobre dos ERES aprobados no ano 2011, unha maior flexibilidade da regulación laboral, a favor da empresa, ampliando o poder discrecional da patronal na xestión e os tempos de traballo, ao tempo que debilitou a negociación colectiva.
Supuxo sacrificar o dereito da conciliación da vida laboral coa familiar, ao facilitar ao máximo a flexibilidade da xornada en interese da empresa. Permitiu o recurso ás horas extraordinarias no tipo de contrato a tempo parcial, dándolle carta branca ao empresariado para que fixe e distribúa a xornada, dándolle prioridade a un tipo de contrato precario como instrumento de creación de emprego (iso si de baixo custe) en detrimento da visión deste contrato como unha fórmula para facilitar a conciliación.
A reforma laboral acometeu un ataque sen precedentes a un dereito que até o de agora tiñan en exclusiva as traballadoras e os traballadores, respecto da redución da xornada para atender ao coidado das crianzas a cargo, á hora de poder adaptar o seu horario de traballo ás súas circunstancias persoais e familiares.
Puxo en risco o permiso de lactación, ao introducir a posibilidade de que os convenios ou razóns produtivas ou organizativas limiten o dereito a poder desfrutar do permiso de forma acumulada á baixa de maternidade.
A reforma supuxo a diminución do custe do despido procedente, e con isto, que moitos traballadores e traballadoras foran botados á rúa, logo de estar toda a vida traballando, cunha indemnización de tan só 20 días por ano traballado, o cal condicionará non só a remuneración do seu despedimento, senón tamén a súa futura xubilación, dado que moitos e moitas traballadoras de 50 anos, non van poder acceder á xubilación contributiva, por non ter a idade suficiente, e non van poder retornar ao mercado laboral, por razóns de idade.
O contrato de emprendedores/as laudeado polo goberno empregouse para cambiar traballadores e traballadoras maiores por mozos e mozas, e a indefinidos/as por temporais.
Para a CIG todos estes datos amosan por si sos que a reforma laboral non creou emprego, e xunto coa recesión económica, e os recortes en servizos públicos postos en marcha polo goberno baixo a escusa da austeridade, provocouse unha precarización sen precedentes das condicións sociolaborais das galegas e dos galegos, mentres que as rendas empresariais aumentaron de forma escandalosa até superar, por vez primeira na historia, a masa de remuneración de asalariados e asalariadas, o cal amosa o transvase de riqueza da clase traballadora á empresarial.
A CIG denuncia, unha vez máis, que este incremento das desigualdades sociais e de concentración da riqueza en mans de oligarcas e especuladores vén provocada polas políticas económicas dos gobernos do PP no estado e na Xunta. Políticas como a reforma laboral e a da negociación colectiva, adoptadas co pretexto de superar a crise e crear emprego, pola contra, xeraron e están a xerar unha fortísima destrución de emprego e unha escandalosa caída dos salarios.
Ante esta situación, a CIG exixe un cambio inmediato nas políticas económica, fiscal e laboral, para que se favoreza realmente a creación de emprego.
A central sindical tampouco comparte a valoración que sobre os datos do paro fixo Báñez e lembra o deterioro de todos os indicadores do mercado laboral nu contexto socioeconómico que impide albiscar unha pronta creación de emprego e a efectiva saída da crise.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



