Este venres clausuráronse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros os obradoiros de maquillaxes artísticas que se celebraron nas últimas semanas, organizados pola Concellería de Cultura e Xuventude e a Oficina Municipal de Información Xuvenil. As creacións dos participantes puideron verse no desfile que se desenvolveu en ditas instalacións. Alí tamén houbo xogos con música e cancións bailadas. Os asistentes disfrutaron dunha orixinal xornada.
