Pasaron 7 meses desde que o Colectivo Cultural Ollomao convertía o pavillón do Colexio de San Miguel de Reinante nun auditorio e representaba, por vez primeira, a obra “Os vellos non deben namorarse”. Case 700 persoas chegadas de diversos puntos da provincia se deron cita naquel evento no cal se presentaba a creación dun novo grupo de teatro. As entradas quedaran esgotadas na venda anticipada e unha longa cola de persoas estaba á porta da taquilla para facerse cunha butaca naquel improsivado “teatro”.
Despois da estrea, o recén nacido grupo de teatro no cal toma parte o grupo de música tradicional Tumba e Dálle que actúa en directo en cada representación, levou a súa función a distintas localidades lucenses e ata traspasou a frontera provincial. Non obstante, a pesar do abano de oportunidades para asistir a algunha das funcións, a veciñanza insistiu en demandar unha nova representación de “Os vellos non deben namorarse” na casa, en Barreiros. Así é como, facendo de novo un esforzo para montar un “auditorio”, o Colectivo Cultural Ollomao volverá levantar o pano do teatro o vindeiro 15 de Agosto en San Miguel de Reinante.
Coa finalidade de facer fronte aos gastos derivados da montaxe e infraestructura precisa para a representación, Ollomao pon á venda entradas por un valor de 5 euros. Ditas entradas están xa dispoñibles na venda anticipada e tamén se reserva un número determinado para a venda en taquilla, xa que se conta cun aforo limitado. Todas as persoas interesadas en adquirir unha entrada na venda anticipada poderán facelo contactando con calquera persoa pertencente ao grupo de teatro e en distintos establecementos colaboradores:
-Bar “A Dulcería” en San Miguel de Reinante.
-Bar “A Bodeguilla” en San Miguel de Reinante.
-Bar “Rías Altas” en San Pedro de Benquerencia.
-Café Bar “Moderno” en San Cosme de Barreiros.
-Taberna “Casa Lola” en Remourelle.
O Colectivo Cultural Ollomao convida a todas as persoas interesadas a visitar a súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/colectivoculturalollomao) para obter máis información deste evento, así como o vídeo dispoñible na ligazón https://vimeo.com/71690429 con imaxes da pre-obra e obra no día da estrea. Asimesmo, todas as persoas que desexen facerse cun DVD de dita representación, por un valor de 10€, recaudación tamén destinada a facer fronte aos gastos asumidos polo grupo de teatro, poderán facelo contactando co colectivo mediante enderezo electrónico (colectivo.cultural.ollomao@gmaill.com), ou a través do Facebook.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



