Xogadores, corpo técnico e directiva reuníronse este luns na sede do CD Burela FS Pescados Rubén como punto de partida para a preparación da segunda tempada laranxa en Primeira LNFS. Os pupilos de Juanlu tomarán contacto coa pista da bomboneira este martes, coa primeira sesión, ás 10.00 horas.
Juanma, Edu, Christian, Iago Míguez, Matamoros, Mimi e Isi conservan a filosofía dun bloque ao que se incorporan David ‘Burrito’ e Antoñito, do Caja Segovia, e Hugo e Álex, do Santiago Futsal. Tamén se suman á dinámica de pretempada a promesa laranxa Carlitos e o meta do Burela FS B Brais, xunto aos xuvenís Diego ‘Alemán’, da familia laranxa, e Ismael, do Vilalba FS, e o madrileño Jorge García, que na tempada pasada militou no Andorra e Brihuega.
O cadro mariñán presentarase ante a afección de Vista Alegre o sábado 31 de agosto coa visita do Inter Movistar. Antes haberá moito traballo por diante. O primeiro amigable está programado para o sábado 17, cun torneo benéfico en Vilalba. O venres 23, a vila asturiana de Tapia será o destino para acoller un duelo lugués, entre o Burela FS e o Azkar Lugo. Un día despois, o Memorial Celso Currás de Trabada enfrontará os laranxas co Santiago Futsal nunha cita de tradición para os mariñáns. Composteláns e burelaos volverán verse as caras o xoves 29 no Memorial Coto Ferreiro da Estrada, cuadrangular que tamén reunirá a transportistas e o equipo anfitrión, de Terceira División. O martes 3 de setembro, O Parrulo FS, de Segunda, será o rival dos laranxas en Cedeira. Como peche de pretempada, a capital galega acollerá un cuadrangular os días 6 e 7, no que a escuadra mariñá se medirá a H. Llevant Manacor, Colegios Arenas Gran Canaria e Santiago Futsal.
En clave feminina
As actuais campioas de Liga e Copa de España tamén tiveron este luns unha cita co inicio de pretempada, en Vista Alegre, arroupada pola directiva laranxa. Baixo a tutela de Quico Otero, participaron na primeira sesión Lidia Mesías, Peque, Maite, Lara, Paula, Silvia Rubal, Claudia, Bea Mateos, Jozi e Patri. Marcela incorporarase aos adestramentos nos próximos días.
Antes de enfrontarse ao emocionante desafío da Supercopa (7-14 de setembro), a escuadra laranxa confirmou dous amigables con rivais de Primeira RFEF, Viaxes Amarelle (17 de agosto, A Coruña) e Ponte Ourense (24 de agosto, Memorial Celso Currás de Trabada).






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
